O Ribeiro dende O Ceo
Autor das fotografías : Carlos Miguel Menacho García

Concello de Leiro. O Ribeiro. Ourense.
Mapa copiado do libro DX, Dicionario Xeográfico ilustrado
de Galicia.
Sobre o topónimo Leiro, di Frutos Fdez. (1)
"...O lugar de Leiro que pertencía antigamente a freguexía
de de Lebosende, da nome a parroquia de San Pedro de Leiro dende o ano
1956., e o concello de Leiro desde 1836...É un lugar antigo xa figura no
testamento do abade Pelagio do ano 1158...".Sobre a súa etimoloxía
escribe Frutos dúas versións, é decántase pola versión de Bascuas,
que resumo. "...Bascuas defende que Leiro é un celtismo derivado de
*Lar ´terra plana´, detrás tamén do irlandés antigo lar ´terreo´ou
do galés llawr ´chan´. En galego , a través da forma medieval
Laria , teríamos Leira, co mismo significado de ´finca
ou terra plana´... Leiro tería connotacións de tamaño con
respeto a Leira, sería unha leira grande..."

Parroquia de Santa María de San Clodio. Leiro.
O Ribeiro. Ourense.
Mapa copiado do libro DX, Dicionario Xeográfico ilustrado
de Galicia.

Parroquia de San María de San Clodio. Leiro. O Ribeiro. Ourense.

Igrexa Parroquial de Santa María de San Clodio
Coordenadas: 42.36741389 , -8.115222222
Altitud: 111 m
https://es.wikipedia.org/wiki/Monasterio_de_San_Clodio

Mosteiro de San Clodio. Século VI e seguintes.

Barouta. Parroquia de San María de San Clodio. Leiro. O Ribeiro. Ourense.
Sobre o topónimo Barouta, di Frutos Fdez. (1)
"...Soamente hai dous lugares co nome de Barouta no NG, un en Ames (A
Coruña) e outro en San Clodio...A Barouta de San Clodio foi un importante
lugar da freguesía , que mismo superou a finais do século XVI o número de
veciños de San Clodio. Documéntase por primeira vez en 1236... " Sobre o
topónimo hai distintas hipótesis, Frutos dice que de ter que posicionarse
opta pola de Cabezas Quiles, que é a que vou a copiar:.
"...Cabeza Quiles cre que a mellor posibilidade é facer derivar este
topónimo do latín valle alta
que daría Valouta/ Balouta
que, por nivelación entre lateral e vibrante, conducería a
Barouta..."
NG: Nomenclator de Galicia. Xunta de Galicia.

Cabo. Parroquia de San María de San Clodio. Leiro. O Ribeiro. Ourense.
Sobre o topónimo (O) Cabo, di Frutos Fdez. (1)
"...Nome moi corrente dentro da toponimia é Cabo. Procede do latín
caput ´cabeza´,
as veces coa acepción de parte principal de algo, pero outras co significado
de estremo dese algo, como ocurre neste caso . (O) Cabo na toponimia
significa o estremo do lugar da vila...
"...O
Cabo de San Clodio lugar onde está a casa de P. Samuel Eiján, era o
último lugar da freguesía seguindo a antigua verea entre San Clodio a Ourense
por Rioboó. A construción da nova estrada induce a erro ao quedar agora máis
estrema a posición de Barouta, pero cando naceu o lugar, do que teño noticias
desde o século XVI, a vía principal era a citada verea, e Cabo estaba no
cabo, como non podía ser doutro xeito..."
Faime unha aclaración Frutos sobre este topónimo, e dela deduzco
que o nome é Cabo, simplemente. E ponme un exemplo: se lle preguntas a un nativo
de onde é, a resposta neste caso é "do Cabo".

Meín. Parroquia de San María de San Clodio. Leiro. O Ribeiro. Ourense.
Sobre o topónimo Mein, di Frutos Fdez. (1)
"...Meín
rexistrado como Maín
no NG é outro topónimo dos que soio aparecen no Ribeiro.. A carón do antigo
camiño real que unía San Clodio con Cuñas, é lugar vello. Está documentado no
ano 1205 como Mayn...En 1580 tiña oito veciños, un número que mantuvo ata o
século XX, logo nos setenta, dese século, quedaría despoboado...".
Hoxe está outra vez recuperado tra la compra da casa grande de Mein e a súa
finca, e a instalación dunha afamada bodega e unha casa rural.
"...Moito teño falado deste topónimo con G.
Navaza. El condidera que deriva dun antigo posesor de nome Maninus, a evolución
sería Manini> Manin> Maín. Meín sería unha variante.
porén creo que non se pode eliminar a posibilidade de que se trate da vila dun
antigo posesor de nome *Meín ou meen hipocorísticos
(diminutivos breves dos nomes por exemplo dino por Secundino, explicación tomada
do glosario do libro (1b) e adaptada cun exemplo) de
Menindus
e Menendus
respectivamente..." . Esta é a
hipótesis que sostén Frutos frente a de G. Navaza, e ademais trata de
demostrarla acudindo a nomes de apelidos actuais e a súa frecuencia, moitos máis
Meín (45) que Maín (2), un texto moi interesante pero que se sae deste traballo e que debe levar os interesados a
consultar o sensacional libro (1b). Remata decindo ao lector que é un simple
aprendiz e que confien máis na solución de G. Navaza.
Finalmente Frutos inda analiza outra
hipótesis, buscando un resultado hidronímico, a travaso dun misterioso
lugar chamado Melma que aparece no testamento do Abade
Pelagio...; xa que dice "...se algo caracteriza a esta terras é que
no medio e medio da paraxe hai un importante manancial de auga.

Mesón de Pardo. Parroquia de San María de San Clodio. Leiro. O Ribeiro. Ourense.
Ver a nota, enviada por Frutos Fernández, que aparece
a continuación.
Sobre o topónimo Mesón de Pardo, di Frutos Fdez. (1)
"...Este topónimo naceu na mitade do século XIX a beira da nova estrada
entre Ribadavia e o Carballiño O caso do Mesón de Pardo naceu en 1884...".
Ten unha historia curiosa de canteiros, fonda e tamén de familías
que se instalaron nestas terras. .." No libro (1b) tendes a historia na entrada
M10.
"...Na súa etimoloxía, Mesón
vén do latín mansio, -onis, con influencias do francés
maison. Xa aparece no castelán, coa acepción de establecemento onde se da
cama e comida, a finais da Idade Media, e probablemente se incorporou desde esa
lingua ó galego. Iso explicaría a aparición tardía deste topónimo en Galicia..."
Nota de Frutos a este texto: a
fotografía non se corresponde co Mesón de Pardo. Son tres casas que hai a cen
metros desa fotografía en dirección Ribadavia. Este lugar da foto é novo,
non ten nin cen anos e chámasese A Fábrica, por unha fábrica de madeira,
concretamente de Arsenio Paz, e que se instalou nos anos corenta do século
pasado, que foi
a primeira construcción.

A Ponte San Clodio. Parroquia de San María de San Clodio. Leiro. O Ribeiro. Ourense.
Na esquina dereita vese parte da Ponte de
San Clodio.
Unha ponte emblemática, sin lugar a
dúbidas. Neste caso a fotografía é do que escribe.
Sobre o topónimo A Ponte, di Frutos Fdez. (1)
"...Máis de douscentos lugares en Galicia levan de nome algún topónimo
relacionado con Ponte. No Ribeiro con este nome entre outros está
Santa María de San Clodio. Trátase de lugares formados a carón dunha ponte. O
topónimo provén do latín pons, pontis ´ponte´
...A Ponte San Clodio, outra magnífica ponte, foi construída por iniciativa
do último abade medieval de San Clodio, Rodrigo de San Xes, nos últimos anos do
século XV...O lugar da Ponte San clodio, naceu a principios do século XVI a
carón da ponte construída pouco antes e do mercado franco que alí creou o propio
mosteiro de San Clodio..."

San Clodio. Parroquia de San María de San Clodio. Leiro. O Ribeiro. Ourense.
Sobre o topónimo San Clodio, di Frutos Fdez. (1)
"...En resumo, existe o Mosterio de San Clodio desde o século X; desde
o XIV chámase Mosteiro de San Clodio do Ribeiro de Avia. Trala incorporación á
Congregación Cisterciense de Castela o mosteiro chamarase de Santa María de San
Clodio do Ribeiro de Avia, ou formas máis simples onde nunca falta o topónimo
San clodio. Logo da refundación benedictina de finais do século XIX o nome
preferente será o de Mosteiro de San Clodio do Ribeiro. Existe tamén o lugar de
San Clodio, con constancia documental desde principios do século XV."

San Clodio. Parroquia de San María de San Clodio. Leiro. O Ribeiro. Ourense.

A Veiga. Parroquia de San María de San Clodio. Leiro. O Ribeiro. Ourense.
Sobre o topónimo A Veiga, di Frutos Fdez. (1)
"...Son máis de cento cincuenta os lugares que levan o nome de A Veiga
en Galicia...". No Ribeiro temos tres lugares co nome de A Veiga.
"...A Veiga de San clodio era en realidade unha paraxe agrícola na que se
formaron dous pequenos lugares, a Veiga Vella
e a Veiga Nova. A primeira naceu dunha antiga adega do
mosteiro, despois aforada. Aquí tivo o primeiro solar no século XVI a familía
Gómez de Vega, máis tarde Gómez de Vega Araújo, importante familía orixinaria de
San Clodio que debía o seu apelido a forma castelanizada do topónimo.
Etimoloxicamente veiga, que é palabra viva no
galego co significado de terreo fértil e sempre húmido á beira dun rego de auga,
procede da prerromana *baika, co mismo significado, que se
incorporou primeiro ó latín e logo pasou formar parte de tódalas linguas
iberorromances. Segundo J. Corominas veiga é unha palabra composta, formada por
ibai ´río ´ e o sufixo vasco -ko, -ka, que indica
pertenza..."
--o--
Nota 1: moitos dos textos sobre os
topónimos dos lugares deste traballo están sacados do libro de Frutos
Fernández González, "Nomes do Ribeiro", editado polo
Instituto de Estudios Carballiñenses no ano 2007. Resumo feito por
Secundino Lorenzo Fdez, e supervisado polo autor do libro.
(1b) Posteriormente, a partires de
xullo de 2023, utilizo o libro
Nomes do Ribeiro editado en xuño de 2023 por Andavira Editora, onde presenta
algúns
vocábulos novos e outros ampliados, aparte un estudio profundo
dos nomes das castas de uvas e doutros vocábulos característicos do Ribeiro. Si
queredes profundizar un pouco sobre esta nova publicación de Frutos Fernández
podedes ver este link.
Nota 2: os textos sobre os
topónimos dos lugares deste traballo están sacados, polo tanto, dos libros citado en (1)
e (1B)
, resumo feito por
Secundino Lorenzo Fdez e supervisado polo autor do libro.
Felicitar a
Frutos Fernández
Glez. polo seu marabilloso traballo e darlle as grazas por todo ó que
aporta O Ribeiro un libro como o seu.
Volver