O Ribeiro dende O Ceo

  Autor das fotografías : Carlos Miguel Menacho García

Concello de Punxín.  Ourense.

Mapa copiado do libro DX, Dicionario Xeográfico ilustrado de Galicia.  Tomo 23.

 

Sobre o topónimo Punxín,  di Frutos Fdez. (1) "... É un topónimo único no NG, e de dificil interpretación. A rareza do mismo e o sufixo -in invítanos pensar nun antropónimo, nunha zona onde, é bastante común esa terminación: Sanín, Xubín, Sadurnín, moi próximos. Aparece citado por primeira vez en 1252. Para explicar a forma documentada cun antropónimo precisariamos un *punginus, no documentado, que podería facer referencia a un alcume relacionado co verbo latino pungere ´picar ou punzar ´, co probable significado de ´o que está sempre a pinchar ´. De tódolos xeitos eu non desbotaría un Poncinus, de Poncius (<Pontius) que deu Poncio, Poncini no xenitivo, que podería conducir sen grandes dificultades a Punxin..."

 

NG: é o nomenclátor de Galicia. Xunta de Galicia.

 

 

 

Parroquia de Santiago de Barbantes. Punxín.  Ourense.

Mapa copiado do libro DX, Dicionario Xeográfico ilustrado de Galicia. Tomo 23

 

Sobre o topónimo Barbantes,  di Frutos Fdez. (1) "... A freguesía de Santiago de barbantes ocupa toda a parte media baixa da ladeira dende o monte de San Trocado e a cidade de Las, baixa cara o río Barbantiño e o Miño, xustamente na desembocadura do primeiro no segundo río. Linda pola parte máis alta con  San Xoán de Ourantes, nome que presenta tamén a terminación -ntes.

O topónimo ten caracter hidronímico...Según  Bascuas  a raiz presente é a paleoeuropea *Bher, que tamén deu ferver e fervenza. E as dúas referencias escritas máis antigas que se coñecen de Barbantes  refírense ó río, o que fortalece a crenza no hidrónimo...Xa citado nun escrito do ano 899.

Con respecto á  terminación -ntes, particularmente enigmática, Moralejo Laso  considera que ten significación colectiva . Cabeza Quiles adhírese a esta tese. Para estos autores Barbantes , resultado da unión dunha raíz hidronímica coa terminación -ntes, viría significar algo así como ´ os habitantes da beira do río ´.

A Frutos nono convence moito ó da teoría étnica , dice que existen dous lugar co mismo nome un na cabeceira do Barbantiño e outro aqui na desembocadura e que é moita coincidencia para consideralos como unha característica étnica. Así acude a interpretación de Bascuas sobre  o significado do sufixo -nt tan frecuente no nome dos ríos.

En resumen, Barbantes parece que foi primeiro nome do río, un nome que podería aludir o feito de brotar ou barbullar as augas no seu contorno e incluo no seu leito, unha realidade que observamos no tramo Punxín e Barbantes, onde hai mananciais de augas termais..."

 

 

Parroquia de Santiago de Barbantes. Punxín. Google Earth.

 

 

Igrexa parroquial  de Santiago de Barbantes

Coordenadas: 42°21'16.11"N 8°0'29.26"W

Altitud: 159 m

 

Igrexa parroquial  de Santiago de Barbantes

 

Barbantes. Santiago de Barbantes. Punxín

 

A Costa. Santiago de Barbantes. Punxín

 

O Cruceiro. Santiago de Barbantes. Punxín

 

O Cruceiro. Santiago de Barbantes. Punxín

 

A Enfesta. Santiago de Barbantes. Punxín

Sobre o topónimo Enfesta,  di Frutos Fdez. (1) "... Temos varias. Trátase dun topónimo moi común en Galicia. Ven do adxectivo latino infestus, infesta,infestum ´elevado ´. Na diplomática sempre aparece co significado de ´arriba ´, tanto na descripción de lindes, como informando da situación relativa de lugares. Este matiz é importante porque non sempre Infesta e Enfesta son lugares altos, senón que están ´arriba de algo ´, e ese perdeuse habitualmente no nome..."

 

Izás. Santiago de Barbantes. Punxín

 

Sobre o topónimo Izás,  di Frutos Fdez. (1) "..Soamente  dous Izás se atopan rexistrados no NG, un é este de Santiago de Barbantes. Podería tratarse dun antrotopónimo, relacionado cun antigo posesor de nome latino Iccius de etimoloxía escura. Non obstante, a forma Izanes, documentada na diplomática medieval, lévame a pensar nun Iccianus con xenitivo *Iccianis, probable antecedente de Izás. E sábese que existiu Iccianus, como cognome: nunha inscrición votiva en honor de Mercurio en Vaison, na Alta Provenza de Francia, xa que quedou rexistrado..."

NG: é o nomenclátor de Galicia. Xunta de Galicia.

 

Lugar de Abaixo. Santiago de Barbantes. Punxín

 

 

Lugar de Arriba. Santiago de Barbantes. Punxín

 

 

Peimogo. Santiago de Barbantes. Punxín

 

Sobre o topónimo Peimogo,  di Frutos Fdez. (1) "... Este Peimogo de Santiago de Barbantes é topónimo único dentro do NG. Navaza faino proceder dun Pelagius Moogus, é dicir, dun Pelagius monxe. Por dúas veces rexístrase un Pelagius Moogus na diplomática medieval, unha en documento de San Pedro de Ramirás e outra nun de Oseira..."

NG: é o nomenclátor de Galicia. Xunta de Galicia.

 

 

A Reguenga. Santiago de Barbantes. Punxín

Sobre o topónimo Reguenga,  di Frutos Fdez. (1) " ...Nada teñen que ver cos regos as Reguengas e Reguengos. Trátase de antigas terras de realengo, é dicir, antigos señorios reais, dominios territoriais do rei, administrados por oficiais ou axentes do monarca, que na baixa Idade Media comenzaron a denominarse terras regalengas. Regalengo/Regalenga deriva do latín regalis ´rexio ´. .. Están rexistrados 15 no Ribeiro no NG..."

 

As Telladas. Santiago de Barbantes. Punxín

Sobre o topónimo As Telladas,  di Frutos Fdez. (1) " ...Deriva do latín tegula ´tella ´...Telladas ven de Tegulatas, refírese a construcións que estaban telladas; o calificativo servía para diferenciar de outras, daquelas máis frecuentes, que tiñan teito de palla  de centeo (colmo) ou de lousas..."

 

As Telladas. Santiago de Barbantes. Punxín

 

A Costa. Santiago de Barbantes. Punxín

 

Izás e Peimogo. Santiago de Barbantes. Punxín

 

Panorámica. Santiago de Barbantes. Punxín

 

--o--

(1) Sobre a explicación dos topónimos, resumo ó que escribe Frutos Fernández González. no seu sensacional libro "Nomes do Ribeiro", editado polo  Instituto de Estudios Carballiñenses no ano 2007.

(1b) Neste caso utiliza o libro Nomes do Ribeiro editado no 2023 por Andavira Editora, onde presenta moitos vocábulos correxidos, un deles é Cubilledo , aparte un estudio profundo  dos nomes das castas de uvas e doutros vocábulos característicos do Ribeiro. Si queredes profundizar un pouco sobre esta nova publicación de Frutos Fernández podedes ver este link.

 

Nota: os textos sobre os topónimos dos lugares deste traballo están sacados do libro citado en (1) e (1B) , resumo feito por Secundino Lorenzo Fdez e supervisado polo autor do libro. 

Felicitar a Frutos Fernández Glez. polo seu  marabilloso traballo e darlle as grazas por todo ó que aporta O Ribeiro un libro como o seu.

 

Volver