O Ribeiro dende O Ceo

  Autor das fotografías : Carlos Miguel Menacho García

Concello de Castrelo de Miño. O Ribeiro. Ourense.

Mapa copiado do libro DX, Dicionario Xeográfico ilustrado de Galicia.  Tomo 7.

 

Sobre o topónimo Castrelo,  di Frutos Fdez. (1) "...É unha forma híbrida de Castro e Castelo, é voz tamén antiga...A súa vez Castro  deriva do latín castrum, castri ´castelo, forte, campamento fortificado´... Tanto Castrello como Castrellum son comúns nos documentos medivais. O nome de Castrelo pertence hoxe en exclusiva, no Ribeiro, ó Concello de Castrelo de Miño, e as súas freguesías de Sta María de Castrelo e Santo Estevo de Ponte Castrelo, terras todas da ribeira esquerda do Miño; pero, no pasado o nome de Castrelo chegaba tamén a ribeira dereita, de tal xeito a actual freguesía de San Paio de Ventosela figura en documentos antigos como San Paio de Castrelo. O mesmo castelo que parece estar detrás do nome   de Castrelo parece que estivo situado no Monte do Castro, en términos de San Paio Na Ribeira dereita parece que tamén existíu no século X un mosteiro feminino que levaba o nome de mosteiro de Castrellum..."

 

Parroquia de Santo Estevo de Ponte Castrelo. Castrelo de Miño. O Ribeiro. Ourense.

Mapa copiado do libro DX, Dicionario Xeográfico ilustrado de Galicia. Tomo7

 

Sobre o topónimo Ponte,  di Frutos Fdez., entre outros moitos comentarios (1) "...Máis de douscentos lugares de Galicia levan de nome algún topónimo relacionado con Ponte...Trátase de lugares formados a carón dunha ponte. O topónimo provén do latín pons, pontis ´ponte´, do acusativo pontem>ponte. Temos referencias documentais de pontes na diplomática medieval galega desde o século VI, pero no Ribeiro temos que esperar ata o século XIII para atopar a primeira: "ponte de castrelo I modium de pane"...Trátase dunha manda testamentaria para contribuir  á obra de Ponte de Castrelo cun moio de pan. Eran mandas moi frecuentes, pois considerábanse as pontes, o mesmo que as igrexas, obras de grande interese para  a sociedade, e polo tanto contribuir a súa construcción, debía resultar moi beneficioso para a súa salvación..."

 

Santo Estevo de Ponte Castrelo. Castrelo de Miño. O Ribeiro. Ourense.

 

Igrexa de Santo Estevo de Ponte Castrelo. Castrelo de Miño. O Ribeiro. Ourense

 

Igrexa de Santo Estevo de Ponte Castrelo. Castrelo de Miño. O Ribeiro. Ourense

 

Igrexa de Santo Estevo de Ponte Castrelo. Castrelo de Miño. O Ribeiro. Ourense

 

A Frieira. Santo Estevo de Ponte Castrelo. Castrelo de Miño. O Ribeiro. Ourense.

 

Oleiros. Santo Estevo de Ponte Castrelo. Castrelo de Miño. O Ribeiro. Ourense.

 

Sobre o topónimo Oleiros,  di Frutos Fdez. (1) "...É un topónimo que nos fala da antigua existencia de oleiros ou alfareiros, neste caso dos antigos centros de traballo do barro do Ribeiro, unha industria que se mantivo na zona de Cartelle e Ramirás..."

 

Parada. Santo Estevo de Ponte Castrelo. Castrelo de Miño. O Ribeiro. Ourense.

 

O Pousadoiro. Santo Estevo de Ponte Castrelo. Castrelo de Miño. O Ribeiro. Ourense.

 

Sobre o topónimo Pousa e Pousadoiro,  di Frutos Fdez. (1) "...Eran granxas ou casas de campo ó coidado de labradores que tiñan esas propiedades aforadas ós señores...O  Pousadoiro acostumaban denominar lugares apropiados, de forma natural ou con algún tipo de construcción, para pousar a carga e descansar normalmente nunha subida..."

 

O Pousadoiro. Santo Estevo de Ponte Castrelo. Castrelo de Miño. O Ribeiro. Ourense.

 

Santo Estevo. Santo Estevo de Ponte Castrelo. Castrelo de Miño. O Ribeiro. Ourense.

 

Souto. Santo Estevo de Ponte Castrelo. Castrelo de Miño. O Ribeiro. Ourense.

 

Souto. Santo Estevo de Ponte Castrelo. Castrelo de Miño. O Ribeiro. Ourense.

 

--o--

 

(1) Sobre a explicación dos topónimos, resumo ó que escribe Frutos Fernández González. no seu sensacional libro "Nomes do Ribeiro", editado polo  Instituto de Estudios Carballiñenses no ano 2007.

 

Nota: os textos sobre os topónimos dos lugares deste traballo están sacados do libro citado en (1) , resumo feito por Secundino Lorenzo Fdez e supervisado polo autor do libro. 

Felicitar a Frutos Fernández Glez. polo seu  marabilloso traballo e darlle as grazas por todo ó que aporta O Ribeiro un libro como o seu.

 

 

 

Volver