O Ribeiro dende O Ceo
Autor das fotografías : Carlos Miguel Menacho García

Concello de Leiro. O Ribeiro. Ourense.
Mapa copiado do libro DX, Dicionario Xeográfico ilustrado
de Galicia.
Sobre o topónimo Leiro, di Frutos Fdez. (1)
"...O lugar de Leiro que pertencía antigamente a freguexía
de de Lebosende, da nome a parroquia de San Pedro de Leiro dende o ano
1956., e o concello de Leiro desde 1836...É un lugar antigo xa figura no
testamento do abade Pelagio do ano 1158...".Sobre a súa etimoloxía
escribe Frutos dúas versións, é decántase pola versión de Bascuas,
que resumo. "...Bascuas defende que Leiro é un celtismo derivado de
*Lar ´terra plana´, detrás tamén do irlandés antigo lar ´terreo´ou
do galés llawr ´chan´. En galego , a través da forma medieval
Laria , teríamos Leira, co mismo significado de ´finca
ou terra plana´... Leiro tería connotacións de tamaño con
respeto a Leira, sería unha leira grande..."

Parroquia de San Tomé de Serantes. Leiro.
O Ribeiro. Ourense.
Mapa copiado do libro DX, Dicionario Xeográfico ilustrado
de Galicia.
Sobre o topónimo Serantes, di Frutos Fdez. (1)
"...Tres freguesías e aproximadamente unha decena de lugares levan o
nome de Serantes en Galicia...Frutos pasa revista a algunhas
interpretacións sobre Serantes como o significado étnico, ou como unha
raíz prerromana *Sar, áuga que flue´´ non lle parecen apropiadas. dice que
en moita documentación medieval atopa un gran número de Sarantes con
significado agrónomo, como de terra de cultivo...". "Quere insistir no uso
de Sarantes co significado de terra de labor, significado que me parece
innegable. Cal seria a súa orixe' Pois penso que o verbo latino serere
´sementar´verbo que supoñia Sarmiento está detrás dun extenso grupo de
topónimos..., concretamente Serantes pode ser un derivado do participio presente
deste verbo, serens, serentis,
que como adxectivo declínase como substantivo da terceira declinación.
As terras Serantes serían as terras sementadas ou traballadas...esta
interpretación casa moi ben coas terras da freguesía de Serantes, terras de
cultivo no medio do monte, unha característica que engloba a tódolos seus
lugares, ben diferenciados e a certa distancia os uns dos outros.
Aínda así, teño que apuntar que o profesor Bscuas
considerou imposible esta relación co sero latino que eu defendía na primeira
edicción de Nomes do Ribeiro, e reafirmouse na presenza indudable da raíz
hodronímica *Sar/*Ser en Serantes, consideracións que serían
aplicables tamén a Sarandín. E dado que as referencias de Sarantes/Serantes
a terras de labor e herdadas tamén semellan innegables, é posible
que nestes topónimos se mesturen os dous conceptos de terra e auga, igual que
ocurre en Veiga, Barxa,, Lama etc...."

Igrexa Parroquial de San Tomé de Serantes
Coordenadas: 42.38470278, -8.158305556
Altitud: 414 m
https://www.galiciamaxica.eu/gal.../ourense/iglesiaserantes/

Igrexa Parroquial de San Tomé de Serantes

Paredes. San Tomé de Serantes. Leiro. O Ribeiro. Ourense
Sobre o topónimo Paredes, di Frutos Fdez. (1)
"...Na súa etimoloxía, procede de `paries, parietis ´parede´,
parietem
no acusativo. De Paredes de Serantes xa temos referencia en 1228. Na
toponimia pode ter varios significados, casas en ruínas, que é o mais frecuente,
paredes de antiguas construcións castrexas, e paredes e muretes que servían para
separar terreos. Os marcos de pedras que delimitaban as fincas, e tamén os
valados, recibían en Galicia o nome de Coiras..."

Saa. San Tomé de Serantes. Leiro. O Ribeiro. Ourense
Sobre o topónimo Saa, di Frutos Fdez. (1)
"...Hai uns vintecinco Saa rexistrados no NG..." No
ribeiro hai uns cantos entre eles o Saa de San Tomé de Serantes.
"..Saa é un dos poucos topónimos que ten a súa orixen nunha palabra
xermánica. Casos similares son Lobios, Boiro e Groba. Tanto nestos topónimos
como nos antrotopónimos (topónimos derivados do nome de persoas)
coa mesma orixen, o feito de que se trate de palabras xermánicas non quere dicir
que a fundación dos lugares ou vilas ocorrese cando a colonización xermánica.
Trátase dunha cuestión que resulta evidente. Sucede o mesmo cos topónimos
galegos de etimoloxía árabe, que non implican unha fundación árabe, e outro
tanto cos topónimos latinos, que non teñen que corresponder a individuos de
orixen romana. Repito, son cuestións evidentes, pro que non convén esquecer.
Saa procede da palabra xermánica, probablemente gótica, *sala,
apelativo que designaba á casa principal, concorrente coas palabras latinas
villa e palatium. Todo parece indicar que nos Saa a palabra xermánica
substituíu unha antiga denominación latina..."
NG: Nomenclátor de Galicia. Xunta de Galicia.

San Tomé de Serantes. Leiro. O Ribeiro. Ourense

Suigrexa. San Tomé de Serantes. Leiro. O Ribeiro. Ourense
Sobre o topónimo Suigrexa, di Frutos Fdez. (1)
"...Media ducia de lugares levan o nome de Suigrexa en Galicia. No NG
aparece o da freguesía de San Tomé de Serantes (Leiro) pero non o de Santa
Mariña de Gomariz (Leiro) e paréceme tan mal que apareza o primeiro como ben me
parece que non apareza o segundo. O primeiro paréceme mal porque o nome
non é Suigrexa senón Soirexe, un nome moi semellante ó Suirexe de Santo Estevo
de Nóvoa (Carballeda de Avia), e idéntico ó do Casal de Soirexe de Garabás,
casal ó que Víctor Campio lle dedicou unsentido poema:
...
Casal de Soirexe! Ai, vello
Casal! Ai, neno
estantío!
Ai, sangue de calofrío
...
E paréceme ben que non apareza un
Suigrexa en Gomariz, porque o nome verdadeiro é Suiglesia; e dado que o NG
non rexistra ningún Suiglesia, por consideralo castelanismo, aventuro que
tampouco o de Gomariz ía ser rexistrado co nome que usa o pobo...".
Frutos explica e demostra que Suiglesia non é un castelanismo xa que aparece
desa forma en 1580 nun texto claramente. Cre que debera respetarse.
"...A situación do Suiglesia de Gomariz,
o mesmo que Casal de Soirexe de Garabás, coas súas casas dispostas debaixo
da igrexa parroquial, explica claramente o significado. Suigrexa procede
do latín Sub eclesia, o mesmo que Suiglesia que podería
considerarse un semicultismo, e que resulta ser a forma que maioritariamente se
atopa nos documentos medievais en galego; por iso non o considero un
castelanismo. Mentras o Suirexe explícase habitualmente pola
evolución de Sub illa ecclesie a Suairexe e logo a Suirexe.
Soirexe sería forma diverxente de Suirexe na que a -u breve de sub pasou a
-o-..."
--o--
Nota 1: moitos dos textos sobre os
topónimos dos lugares deste traballo están sacados do libro de Frutos
Fernández González, "Nomes do Ribeiro", editado polo
Instituto de Estudios Carballiñenses no ano 2007. Resumo feito por
Secundino Lorenzo Fdez, e supervisado polo autor do libro.
(1b) Posteriormente, a partires de
xullo de 2023, utilizo o libro
Nomes do Ribeiro editado en xuño de 2023 por Andavira Editora, onde presenta
algúns
vocábulos novos e outros ampliados, aparte un estudio profundo
dos nomes das castas de uvas e doutros vocábulos característicos do Ribeiro. Si
queredes profundizar un pouco sobre esta nova publicación de Frutos Fernández
podedes ver este link.
Nota 2: os textos sobre os
topónimos dos lugares deste traballo están sacados, polo tanto, dos libros citado en (1)
e (1B)
, resumo feito por
Secundino Lorenzo Fdez e supervisado polo autor do libro.
Felicitar a
Frutos Fernández
Glez. polo seu marabilloso traballo e darlle as grazas por todo ó que
aporta O Ribeiro un libro como o seu.
Volver