O Ribeiro dende O Ceo

  Autor das fotografías : Carlos Miguel Menacho García

Concello de Leiro. O Ribeiro. Ourense.

Mapa copiado do libro DX, Dicionario Xeográfico ilustrado de Galicia. 

Sobre o topónimo Leiro,  di Frutos Fdez. (1) "...O lugar de Leiro  que pertencía antigamente  a freguexía de  de Lebosende, da nome a parroquia de San Pedro de Leiro dende o ano 1956., e o concello de Leiro desde 1836...É un lugar antigo xa figura no testamento do abade Pelagio do ano 1158...".Sobre a súa etimoloxía escribe Frutos  dúas versións, é decántase pola versión de Bascuas, que resumo. "...Bascuas defende que Leiro é un celtismo  derivado de *Lar ´terra plana´, detrás tamén do irlandés  antigo lar ´terreo´ou  do galés llawr ´chan´. En galego , a través da forma medieval Laria , teríamos Leira, co mismo significado de ´finca ou terra plana´... Leiro tería connotacións de tamaño con respeto a Leira,   sería unha leira grande..."

 

 

Freguesía de San Xoán de Orega. Leiro. O Ribeiro. Ourense

 

 

 

Parroquia de San Xoán de Orega. Leiro. O Ribeiro. Ourense.

Mapa copiado do libro DX, Dicionario Xeográfico ilustrado de Galicia.

 

Sobre o topónimo Orega  di Frutos Fdez. (1) "...Outro topónimo único dentro dos rexistrados no NG...Forma parte da transición entre a paisaxe e a cultura do Ribeiro e a de montaña. documentada desde 1244 coa forma actual debe ter relación etimolóxica coa freguesía de San Miguel de Orga (Crlanova) ou Orgo do Monte en Poio, segundo ten estudiado E. Bascuas. Este autor clasifica Orega dentro dos hidrónimos derivados da raiz indoeuropea *Er ´moverse ´ con moita presencia dos cursos de auga, concretamente dentro dos de grado pleno Or-, e grado fi Ur, onde estaría tamén según Bascuas  Orcellón. No caso concreto de  Orega,  derivaría dunha forma sufixada en -ko, *Oraika. Non parece desacertado  este significado hidronímico para o lugar de Orega , que se caracteriza por terras de veigas con auga abundante.

 

Igrexa Parroquial de San Xoán de Orega. Leiro

Coordenadas: 42.36658611,  -8.163327778

Altitud: 429 m

 

San Xoán de Orega. Leiro. O Ribeiro. Ourense.

 

As Cortes.  San Xoán de Orega. Leiro. O Ribeiro. Ourense.

 

Sobre o topónimo As Cortes  di Frutos Fdez. (1) "...Son topónimos que derivan do latín tardío corte ´ espacio pechado, sitio para o gando´...".

 

Orega.  San Xoán de Orega. Leiro. O Ribeiro. Ourense.

 

Orega.  San Xoán de Orega. Leiro. O Ribeiro. Ourense.

 

 

 

O Outeiro.  San Xoán de Orega. Leiro. O Ribeiro. Ourense.

Sobre o topónimo Outeiro  di Frutos Fdez. (1) "...A etimoloxía de Outeiro vén do latín altarium de altus ´alto´. A cadena evolutiva altariu> outario> outeiro, coa forma definitiva documentada desde principios do século XI ...".

"...De tódolos xeitos, convén ter coidado con significado de ´alto ´para este topónimo nalgúns lugares do Ribeiro. Por exemplo en Beade, O Outeiro é o lugar máis baixo de toda a vila. Como se explica isto?. Uns penedos ó lado das casas axudan a entender o paradoxo: aquí os penedos tamén son outeiros.

--o--

 

Nota 1: moitos dos textos sobre os topónimos dos lugares deste traballo están sacados do libro de Frutos Fernández González,  "Nomes do Ribeiro", editado polo  Instituto de Estudios Carballiñenses no ano 2007. Resumo feito por Secundino Lorenzo Fdez, e supervisado polo autor do libro. 

(1b) Posteriormente, a partires de xullo de 2023, utilizo o libro Nomes do Ribeiro editado en xuño de  2023 por Andavira Editora, onde presenta algúns  vocábulos novos e outros ampliados, aparte un estudio profundo  dos nomes das castas de uvas e doutros vocábulos característicos do Ribeiro. Si queredes profundizar un pouco sobre esta nova publicación de Frutos Fernández podedes ver este link.

 

Nota 2: os textos sobre os topónimos dos lugares deste traballo están sacados, polo tanto,  dos libros citado en (1) e (1B) , resumo feito por Secundino Lorenzo Fdez e supervisado polo autor do libro. 

Felicitar a Frutos Fernández Glez. polo seu  marabilloso traballo e darlle as grazas por todo ó que aporta O Ribeiro un libro como o seu.

 

Volver