O Ribeiro dende O Ceo

  Autor das fotografías : Carlos Miguel Menacho García

Concello de Punxín.  Ourense.

Mapa copiado do libro DX, Dicionario Xeográfico ilustrado de Galicia.  Tomo 23.

 

Sobre o topónimo Punxín,  di Frutos Fdez. (1) "... É un topónimo único no NG, e de dificil interpretación. A rareza do mismo e o sufixo -in invítanos pensar nun antropónimo, nunha zona onde, é bastante común esa terminación: Sanín, Xubín, Sadurnín, moi próximos. Aparece citado por primeira vez en 1252. Para explicar a forma documentada cun antropónimo precisariamos un *punginus, no documentado, que podería facer referencia a un alcume relacionado co verbo latino pungere ´picar ou punzar ´, co probable significado de ´o que está sempre a pinchar ´. De tódolos xeitos eu non desbotaría un Poncinus, de Poncius (<Pontius) que deu Poncio, Poncini no xenitivo, que podería conducir sen grandes dificultades a Punxin..."

 

NG: é o nomenclátor de Galicia. Xunta de Galicia.

 

 

 

Parroquia de San Xoán de Ourantes. Punxín.  Ourense.

Mapa copiado do libro DX, Dicionario Xeográfico ilustrado de Galicia. Tomo 23

 

Sobre o topónimo Ourantes,  di Frutos Fdez. (1) "...é un topónimo único no NG, pero moitos parecen ter a mesma raíz, entre eles oural, documentados por primeira vez como Aural e Aurantes, con sufixacións -ale e ntes respectivamente. Pero , sen eliminar a posibilidade de ese significado relacionado con dourado ou con ouro, tamén cabe a de relacionalos co latín aura ´vento ou brisa ´. Neste senso pode resultar interesante lembrar que un dos lugares da freguesía de Ourantes leva o nome de ventosela. Con esta interpretación Ourantes podería significar algo así como ´lugares venteados´, claro que eso sería ignorando o caracter de etnómino que se lle adoita dar a sufixación -ntes. Por iso, no caso de Ourantes , tal vez o mellor sería considerar o significado máis evidente, algo así como ´os do ouro´, que podería ter a súa razón de ser na proximidade das explotacións auríferas, no tempo dos romanos, en Maside e en Laias, das que podían ser traballadores os habitantes de Ourantes..."

 

Parroquia de San Xoán de Ourantes. Punxín.  Ourense.

 

Igrexa Parroquial de San Xoán de Ourantes

Coordenadas: 42°21'33.38"N 8°1'13.15"W

Altitud: 377 m

https://punxin.es/.../igrexa-parroquial-san-xoan-de.../

 

Igrexa Parroquial de San Xoán de Ourantes
 

 

A Eirexa. San Xoán de Ourantes. Punxín.


Ourantes. San Xoán de Ourantes. Punxín.

 

Rubiás. San Xoán de Ourantes. Punxín.

Sobre o topónimo Rubiás,  di Frutos Fdez. (1) "...Rubiás rexistra unha docena de lugares no NG. Deriva do latín medieval rubeus, a, um ´vermello´ con sufixo abundancial -alem, aludiendo probablemente á cor rubia do chan...Podería ser que nos atopásemos diante de derivados do latín rupes ´rocha ´ presente por exemplo no verbo galego rubir ´subir ´, cos sufixos abundanciais -alem e -ales, respectivamente, conduciría a Rubiás. Tería o significado de terreos pedregosos..."

 

San Tomé. San Xoán de Ourantes. Punxín.

 

Sobre o topónimo San Tomé,  di Frutos Fdez. (1) "...Tomé parece ser nome arameo, viría de thoma ´xemelgo ´, o santo é un dos doce apótolos de Xesús, e coñecido sobre todo pola súa dúbida, por ser o que precisou ver para crer...Aparece dentro  dos lugares da freguesía de San Xoán de Ourantes no Catastro de Ensenada...".

 

Ventosela. San Xoán de Ourantes. Punxín.

 

Vilar. San Xoán de Ourantes. Punxín.

 

Rubiás, San Tomé. San Xoán de Ourantes. Punxín.

 

--o--

(1) Sobre a explicación dos topónimos, resumo ó que escribe Frutos Fernández González. no seu sensacional libro "Nomes do Ribeiro", editado polo  Instituto de Estudios Carballiñenses no ano 2007.

(1b) Neste caso utiliza o libro Nomes do Ribeiro editado no 2023 por Andavira Editora, onde presenta moitos vocábulos correxidos, un deles é Cubilledo , aparte un estudio profundo  dos nomes das castas de uvas e doutros vocábulos característicos do Ribeiro. Si queredes profundizar un pouco sobre esta nova publicación de Frutos Fernández podedes ver este link.

 

Nota: os textos sobre os topónimos dos lugares deste traballo están sacados do libro citado en (1) e (1B) , resumo feito por Secundino Lorenzo Fdez e supervisado polo autor do libro. 

Felicitar a Frutos Fernández Glez. polo seu  marabilloso traballo e darlle as grazas por todo ó que aporta O Ribeiro un libro como o seu.

 

Volver