O Ribeiro dende O Ceo
Autor das fotografías : Carlos Miguel Menacho García
Concello de Punxín. Ourense.
Mapa copiado do libro DX, Dicionario Xeográfico ilustrado
de Galicia. Tomo 23.
Sobre o topónimo Punxín, di Frutos Fdez. (1)
"... É un topónimo único no NG, e de dificil
interpretación. A rareza do mismo e o sufixo -in invítanos pensar
nun antropónimo, nunha zona onde, é bastante común esa terminación: Sanín, Xubín,
Sadurnín, moi próximos. Aparece citado por primeira vez en 1252. Para explicar a
forma documentada cun antropónimo precisariamos un *punginus, no
documentado, que podería facer referencia a un alcume relacionado co verbo
latino pungere ´picar ou punzar ´, co probable significado de ´o
que está sempre a pinchar ´. De tódolos xeitos eu non desbotaría un
Poncinus, de Poncius (<Pontius) que deu Poncio,
Poncini no xenitivo, que podería conducir sen grandes dificultades a
Punxin..."
NG: é o nomenclátor de Galicia. Xunta de Galicia.
Parroquia de Santa María de Freás. Punxín. Ourense.
Mapa copiado do libro DX, Dicionario Xeográfico ilustrado
de Galicia. Tomo 23
Sobre o topónimo Freás, di Frutos Fdez. (1)
"...Con este nome de Freás temos dous lugares no Ribeiro, un
neste lugar de Punxín. No NG hai rexistrados once. Trátase dun antropónimo
que ven dun antigo posesor de nome xermánico Fredilanis, do habitual Fredila.
Segundo Piel, o nome vén de fribus que significa ´paz ´. a misma raíz que formou
Fernando ou Frei, por exemplo..."
Parroquia de Santa María de Freás. Punxín. Ourense.
Igrexa Parroquial de Santa María de Freás
Coordenadas: 42°22'18.52"N 8°0'56.23"W
Altitud: 360 m
https://punxin.es/.../igrexa-parroquial-santa-maeria-
de.../
Igrexa Parroquial de Santa María de Freás
Cabo. Santa María de Freás. Punxín.
Sobre o topónimo O Cabo, di Frutos Fdez. (1)
"...Nome moi corrente dentro dos topónimos en Galicia, procede do latín
caput ´cabeza´, as veces indicando parte principal de algo, pero outras co
significado de estremo dese algo,, como ocurre neste caso, (o) cabo e o extremo
da vila..."
A Carballeira. Santa María de Freás. Punxín.
Fonte Maior. Santa María de Freás. Punxín.
A Laxa. Santa María de Freás. Punxín.
Sobre o topónimo A Laxa, di Frutos Fdez. (1)
"...Os topónimos derivados de laxe, laxa ´penedo grande que
presenta unha superficie lisa e pouco sobresainte sobre a terra ´ son moi
abundantes en Galicia..."
A Orxeira. Santa María de Freás. Punxín.
Sobre o topónimo A Orxeira, remite Frutos Fdez. (1)
o estudio da palabra Orcellón
"Esta rexistrada o topónimo Orxeira no Catastro de Ensenada...algo ten que
ver con ríos encaixonados entre penedos...". Frutos dedícalle casi
dúas follas o estudio desta palabra con distintas teorias, relativas a Orcellón,
Orza, Orxeiro e outros.
O Pazo. Santa María de Freás. Punxín.
A Pousa. Santa María de Freás. Punxín.
A Pousa. Santa María de Freás. Punxín.
A Revolta. Santa María de Freás. Punxín.
A Revolta. Santa María de Freás. Punxín.
O Souto. Santa María de Freás. Punxín.
A Orxeira e o Pazo. Santa María de Freás. Punxín.
A Laxa. Santa María de Freás. Punxín.
--o--
(1) Sobre a explicación
dos topónimos, resumo ó que escribe Frutos
Fernández González. no seu sensacional libro "Nomes do Ribeiro",
editado polo
Instituto de Estudios Carballiñenses no ano 2007.
(1b) Neste caso utiliza o libro
Nomes do Ribeiro editado no 2023 por Andavira Editora, onde presenta moitos
vocábulos correxidos, un deles é Cubilledo , aparte un estudio profundo
dos nomes das castas de uvas e doutros vocábulos característicos do Ribeiro. Si
queredes profundizar un pouco sobre esta nova publicación de Frutos Fernández
podedes ver este link.
Nota: os textos sobre os
topónimos dos lugares deste traballo están sacados do libro citado en (1)
e (1B)
, resumo feito por
Secundino Lorenzo Fdez e supervisado polo autor do libro.
Felicitar a
Frutos Fernández
Glez. polo seu marabilloso traballo e darlle as grazas por todo ó que
aporta O Ribeiro un libro como o seu.
Volver