.

Asociación

Cultural

Exaprin

Ribadavia

Asociación Cultural EXAPRIN Ribadavia. A nosa unión o haber sido alumnos, profesores ou traballadores do Instituto de Ribadavia. 1967-1977

FINS DA ASOCIACIÓN

ARTIGO 3:

A existencia desta asociación ten como fins:

a. O mantenemento da memoria de Ribadavia e a súa bisbarra, así como do  Instituto Técnico de Enseñanza Media de Ribadavia, actualmente Instituto de Enseñanza Secundaria O Ribeiro, lugar xeográfico e conxunto de alumnos que cursaron nese centro dende 1967 ata 1977, así como os  profesores e personal que traballou no centro durante esos anos.

b. A transmisión ás novas xeracións do patrimonio cultural por vía oral, escrita ou telemática, de canto contribúa ao recordo da história de Ribadavia e a súa bisbarra, así como o Instituto citado e a súa proxeción social.

Os fins anteriores perseguiranse cun talante de amistade e armonía, razón pola cal a asociación desvincúlarase de calquera compromiso de tipo ideolóxico, político ou relixioso e os seus asociados evitarán todo tipo de discusións ou conflictos neses ámbitos. Por iso, calquera actividade que faga referencia a esos tipos non será autorizada.
 

 

ARTIGO 4

Para o cumprimento destes fins realizaranse, entre outras,  as seguintes actividades:

a) Establecer relacións e contactos coas institucións públicas (Concello e Comunidade, principalmente) naqueles asuntos que afecten ao artigo tres destes estatutos.


b) Organizar e promocionar a festa xuntanza de antigos alumnos, personal non docente e profesores, que tratarán de realizar tódolos anos.

c) Montar e ofrecer, en base a grupos de traballo:   actividades culturais e recreativas, xornadas por exemplo de "turismo de cercanías", cursos,  talleres de ferramentas informáticas, encontros, faladoiros, etc. para os socios.


d) Traballar na recuperación de tradicións e costumes.

e) Publicacións, conferencias, páxina web, libros, etc.

 

Vovel a la página "O encoro do Umia" Saír.