EXAlumnos PRofesores INstituto Ribadavia
ASOCIACIÓN CULTURAL EXAPRIN RIBADAVIA.
INVITACIÓN
O mércores día 11 de febreiro ás 18 horas teremos, no Club Artístico de Ribadavia, a reunión de constitución da Asociación Cultural EXAPRIN Ribadavia.
Gustaríanos que estuvesen presentes nesa constitución os posibles asociados, os familiares, os amigos e unha representación do Claustro do IES O Ribeiro e outras autoridades.
Tamén nos gustaría que estuvera presente a prensa que cubre as noticias de Ribadavia e a súa bisbarra.
Moitas gracias.
Secundino Lorenzo Fernández,
representante da Asociación Cultural EXAPRIN Ribadavia
Ex-profesor do centro (1968-1977).
Aclaracións:
EXAPRIN quere dicir EX-Alumnos e EX-Profesores-Instituto de Ribadavia.
Os artigos 3 e 23 dos nosos estatutos, resumen, na miña opinión, o que queremos que sexa esta Asociación e quen queremos ter de compañeiros.
“ARTIGO 3:
A existencia desta asociación ten como fins:
a. O mantenemento da memoria de Ribadavia e a súa bisbarra, así como do Instituto Técnico de Enseñanza Media de Ribadavia, actualmente Instituto de Enseñanza Secundaria O Ribeiro, lugar xeográfico e conxunto de alumnos que cursaron nese centro dende 1967 ata 1977, así como os profesores e personal que traballou no centro durante esos anos.b. A transmisión ás novas xeracións do patrimonio cultural por vía oral, escrita ou telemática, de canto contribúa ao recordo da história de Ribadavia e a súa bisbarra, así como o Instituto citado e a súa proxeción social.
..
“ARTIGO 23
Poderán pertencer á Asociación aquelas persoas con capacidade de obrar que teñan interese no desenvolvemento dos fins da Asociación. Os que desexen ser socios deberán cumprir con polo menos un dos seguintes requisitos:
a) Haber sido alumnos do I.T.E.M. de Ribadavia, ou I.N.B. de Ribadavia durante os anos 1967 a 1977.b) Haber sido profesor ou personal subalterno ou empleado no instituto citado durante esos anos.
c) Ter relación familiar ou afinidade con persoas consideradas nos puntos 23.a. e 23. b.”
O resto dos estatutos está neste link http:/www.iribeiro.es
A primeira xunta directiva está constituida por:
dous profesores e catro ex-alumnos.