Pendente unha visita de Miguel Menacho e o seu dron. Escribe Secundino Lorenzo
As fervenzas quedan dentro do concello de Melón, pero xusto no límite, a 100 m. únicamente do concello de Ribadavia. A fervenza tamén se chama Fervenza de Sta. Cruz ou Fervenza de Codesás. As fotografías son a maioría de Enrique Padrón (Qiqe), un fotografo marabilloso, un amigo, un alumno do Instituto de Ribadavia en tempos... Estas fotografías sempre quixen sacalas eu pero non supén chegar a ese lugar, non é doado dende Penavaqueira, intenteino de arriba abaixo, ou sexa dende a minicentral e estas están para ver ó revés, dende Prexigueiro subindo monte arriba á Penavaqueira; tamén se pode chegar dende a N-120 dende Codesás en Quins, pouco máis de 4 km. ida e volta. Ao Coto da Feixa chégase perfectamente dende Prexigueiro, en total ida e volva son 7 km. Dende ese lugar vese perfectamente estas fervenzas. Que as disfrutedes...
Canón espectacular do río Cerves.
Así iba o río Cerves de poza en poza e con fervenzas moi espectaculares. Estas son as fervenzas de Sta. Cruz. O lugar a pé de río é impracticable e para escaladores experimentados.
Esta misma fotografía pode verse máis adiante pero con máis auga.
Unha vista da zona có Cerves en primeiro lugar, despois da curva, a dereita, está a minicentral do Cerves, o lonxe as canteiras de Melón.
|