Ante todo decir que fomos invitados por
Rogelio, a festa do Pemento en Arnoia. Alcalde de Arnoia, compañeiro de moitos da fotografía
no Instituto de Ribadavia 1967-1974, e alumno do
que escribe.
¡Moitas gracias polo detalle, marabilloso!.
Na
fotografía algúns dos asistentes a invitación, na que non faltou
de nada e onde foi, sin dúbida, un día especial. Pola mañán, no
recinto da festa do Pemento en Arnoia, unha carballeira
marabillosa, onde degustamos os pementos de Arnoia con moitas
sorpresas, ver no foro o que escribe Álvaro, na presentación dos
pementos...; máis tarde fomos tomar
café e uns chopitos á área recreativa a pe do río Arnoia,
outro lugar fora de serie, e rematamos a tarde
con excursións a Peneda e o canón do Arnoia e a unha ruta que hai en Outomuro,
tamén a pe
do río Arnoia.
Un día para non esquecer.
¡Gracias Rogelio,
por ter a idea de xuntarnos e pola túa amabilidade!. Unha aperta
e non perdas as mañas...

Dar as gracias tamén a Mª Paz que foi a nosa acompañante ata
última hora nas excursións a Peneda e Outomuro. Na fotografía
estamos os oito expedicionarios que fixemos esta excursión...
A verdade decir que con estas pintas de excursionistas algúns
fomos víctimas das avispas, pero é lóxico con este colorido. ¡Mereceu
a pena!.
Nota: repasando este escrito vexo
en primeiro lugar que o foro xa non existe. Melodisoft que era
gratis deixou de existir xa que as plataformas actuais con
Facebook tirárono abaixo. En segundo lugar decir que se sacaron
moitas fotografías pero estas, como a maioría, metéronse na
plataforma Picasa de Google e esta pechou.
Queda ó que queda. Pero tamén nos queda ó
importante, Pasamos un día marabilloso, nun lugar tamén
marabilloso, e do anfitrión que vou a decir...Grazas
Rogelio sensacional!.