O Kopa Club en Ribadavia e o Bar "O Morto".

(Apertura de lembranzas...)

Fotografía enviada por Pepe Lui. Trátase da Terraza do Kopa Club. Da fotografía lembra  dos que aparecen sentados a Chuin (Jesus....??), e o irmao de Jose (Galo), pero non lembro o nome. De pe aparecen tamen Jorge Freijido Seoane, e màis alà, meu primo Luis Manuel Gonzàlez Escudero, fillo de Manolo Gonzalez Rios, o do instituto.

Aquí vese o Bar Morto, de espaldas Fco. Javier Gómez Suárez, enfrente tapándolle a cara Alfonso Soto (Fon o fillo de Braulio), logo Gianna, a muller de Nitolo, logo Nitolo (Benito Contreras, pintor ribadaviense, instalado en Italia), o rapaz que mira a cámara é un dos seus fillos. Na mesa da dereita está Gelín (Angel Freijido Seoane), Nicolás Casasnovas,, Javier Gómez (do Demetrio), de espaldas Sita Touza e de pe Milucho (relojero), pai de manoli, unha das rapazas que aparece nunha das fotos do KopaClub.

 

Sirva de comenzo estas fotografías de Pepe Lui Escudero para abrir os comentarios sobre un lugar emblemático en Ribadavia: o Kopa Club que xunto có "O morto" eran o máis "chic" polos anos 70.

Nesta foto tomada no interior do KOPA CLUB, ese lugar de reuniòn, CLUB SOCIAL DE CHEYENNE - xunto co "O Morto" - onde se reunian moitos xóvens do pobo naqueles anos, a maioría do ITEM.

Na fotografía aparecen Celsa e  MªJosè . Tamén aparece o seu irmán (el moreno) e o noso entrañable "Alemán" (fatalmente desaparecido como tantos outros xóvens ribadavienes tragados pola estrada), o rubio, gran bateria do grupo Los Cisnes, grupo o que Alvaro se refire nun correo recente o falar dos  Beatles de Ribadavia. Desgraciadamente, dese grupo, dous deles, o Alemán (este rapaz  rubio que aparece na foto) e Manuel (a quen chamábamos cariñosamente os seus amigos "Muìto"), bateria e organista respectivamente de Los Cisnes, desapareceron tràxicamente en accidente de tràfico.

Fotografía do Jukebox do Kopa. Nela vense Jorge Escudero Sarmiento, Jorge Freijido Seoane e o que está lendo a prensa é Moncho (Chucarelo).  A montaxe da fotografía é de Pepe Lui.

Do "Kopa Club" dice Pepe Lui: 

"Lembro  a "jukebox"  do Kopa, ainda que lamentablemente tampouco lembro case ningùn titulo musical. Pobre memoria. A verdade è que non eran unha gran cousa a maioria dos discos (para os meus gustos, por descontado! que non teñen por què coincidir con outros), pero salvàbanse unha media ducia deles como moito... Entre o pouco que lembro destaca sen dùbida un single que debeu ser unha "rareza" a finàis do 72 e principios do 73. Non lembro màis que a sùa cara A, a màis pinchada con moito, tanto por min, que houbo unha època en que cando tiña un peso no peto que me sobraba pinchaba esta canciòn, como por outra moita xente, xa que, como te dicìa, a verdade non habìa moito donde escoller en aquela època. Sen dùbida destacaba como unha "rara avis" entre un fato de canciòns, a maiorìa merecidamente esquezibles, especialmente para os que nos gustaba (e ainda nos gusta) o rock&roll.
Nin eu, nin case ninguèn, imaxino, sabìamos que aquelo era GLAM ROCK britànico, e aquel era un dos seus grupos màis emblemàticos THE SWEET, e a canciòn era BLOCKBUSTER:


 

 


Sonou moitos anos durante os 70's naquela vella màquina ata que (supoño) cambiaron o repertorio. A sirena que soa no comenzo da canciòn era a sùa seña de identidade, e logo ese ritmo machacòn de guitarras da primeira metade dos 70.
¡Atentos ò baixista nesa actuaciòn do 73 no Top of the pops britànico!...IMPAGABLE a sùa pinta ....

Tamén  teño certa impresiòn de haber oido ali outras canciòns famosas no seu tempo, por exemplo o Mensaxe na botella  (Message in a bottle) dos THE POLICE,... pero NON estou absolutamente seguro, a memoria poderìame enganar.
O video oficial foi este:
http://www.youtube.com/watch?v=MeQ2yXE1mpU&feature=related

Non estou seguro.
 

Lembranzas dos Cisnes, en contestación a Álvaro:

Houbo un Manel que foi cantante dos Cisnes, eu creo que na primeira època. Ademàis que eu lembre, este Manel, co que eu recordo falar algunha vez, pero non tratei moito como si o fixen co resto dos membros do grupo, especialmente Julio e Muito e Venancio, era sò cantante, non tocaba ningùn instrumento. Pero eu penso que non estivo moito tempo, e a formaciòn digamos tìpica do grupo foron Julio (guit. saxo. voz) Venancio (baixo) Paco (guit. solista e voz solista principal) "Aleman" (bateria) e Muito (teclados). Este è o grupo que eu lembro realmente e que durou bastantes anos xuntos. Paco era a voz da maiorìa das canciòns, ò tempo que tocaba a guitarra, a guitarra solista ademàis.

¡Què pena non ter ningunha fotorafía  de "Los Cisnes" ensaiando no local!
Estou totalmente de acordo que serìa un puntazo que "Los Cisnes" ou mellor dito os superviventes, Julio, Venancio e Paco, que supoño que serìan tamèn ex-alumnos (polo menos Julio "o ruso" seguro, dos outros dous non estou seguro) do ITEM, se xuntaran para amenizar a festa de Maio..."

Pois xa vedes como é internet, xa temos dúas fotografías gracias o voso compañeiro Julio Puentes, o que lle dou as gracias,  esta é a primeira:

Na fotografía enviada por Julio Puentes Agregán están "LOS CISNES" de esquerda a dereita Julio, "Alemán", Manel, Montero, Paco e Manolo "Coruñes".
 

 

Pois ben, queda dito seguro que aparecen fotografías dos "Cisnes" como non...

 

Nesta fotografía, no exterior do "Kopa", na terracilla , estàn  Celsa, e Manoli, que supoño que tamén foron alumnas do centro,  filla de Milucho, un coñecido  reloxeiro da vila, que tiña a reloxería na aceira de enfrente, xusto o lado do bar Morto.

 


Tamén nesta fotografía de esquerda a dereita: Cadaya (do que non lembro o nome), o seguinte no sei, logo Julito (cura), enfrente del coa sua guitarra encima da mesa Mouse (Amadeo), a continuaciòn de Julio està Gelin (Angel Freijido Seoane),
logo unha rapaza que non recordo o nome, esta moza està sentada encima de Demetrio (Gomez), enfrente Celsa, e detràs dela Javier (Gomez Suarez). O que està na esquina é Antonio Nogueiras.

Nesta mesa, fotografía sacada no Bar Morto están Gelín (Angel Freijido Seoane), Nicolás Casasnovas,, Javier Gómez (do Demetrio), de espaldas Sita Touza e de pe Milucho (relojero), pai de manoli, unha das rapazas que aparece nunha das fotos do KopaClub. Vese tamén a máquina de xogos que houbo nalgún tempo dentro do local.
 

-------------------------------------------------

Álvaro escribiu:

"Do Alemán, eu recordo a súa cara, o seu corpiño "lixeiro" pero con moita enerxía, do bó rapaz que era e tamén o recordo tocando a batería, pero tampouco me acordo do seu nome...

O Manolo "Muito" tamen o recordo perfectamente (pronunciaba as "r" como "g", como os franceses).

O Kopa Club de Fidel foi moi importante no noso ocio Ribadaviense a partir de certa edade, xa que antes, os nosos pais non nos deixaban entrar por que para eles era un "antro de perversión". A sua máquina de discos (cunha colección que rivalizaba coa do Viña Mar), a sua máquina de pin-ball, as suas escaleiras de caracol e o reservado de arriba...

Pareceme moi ben a túa idea de abrir recordos como os que dices (O Morto, O Club, ....), e que cada un poida estar apoiado nunha ou varias fotos da época, sempre que ao Secundino lle parezcan apropiados e que non lle demos moito traballo. Eu sei que a él non lle importa apoiar algunhas das caracteristicas que nos unían aos da vila naquela época do instituto (como é o caso do Xavier de Quins) mesmo si él non os coñecía, xa que el vivía en Ourense...."

Esta fotografía está sacada dentro do KopaClub, trátase de Demetrio Gómez (irmán de Javier Gómez) que está mirando ó exterior. Unha fotografía moi interesante xa que nos permite ver o exterior do Kopa Club.

No Kopa Club tamén se celebraban cumpleanos, neste caso na fotografía e na celebración están: Rosmary, Esthercita(a filla do queixeiro), Marisa Padrón, Rosarito Lorenzo (vivía na praza da Magdalena na casa dos escudos), Julita Feijoó(filla de D. Casiano), Portal( Dona de Paco Rego), Sara Escudero, Marisa (filla do Demetriño), Rosarito que vive no Carballiño e agachadas,Teresa Chao (filla de Tito Chao) e Poly (filla de D. Rogelio).  Fotografía suministrada por Pepe Lui.
 

Aquí poremos a segunda fotografía dos Cisnes, enviada por Julio Puentes que tamén me indica o nome do alemán:  José Benito Touza Rodríguez.

Nesta fotografía tamén enviada por Julio Agregán aparecen os Cisnes: Montero, Paco, Julio, Manel, Alemán, Manolo "Muito" y Arturo "Pola".
 

 

Nota:

María Jose destaca estas cancións do JukeBox do Kopa.

Saír