Como hoxe tiven
tempo dabondo para todo: traballo, holganza, comer cos amigos e
tomar uns chupitos, e "navegar2 un pocuo polo foro, pareime a
leer o artigo que Paco Rego adica a Sergio (Sergio: El chico de
la guitarra), e viñéronme a cabeza recordos daquela época, dos
que xa me olvidaran. Non o recordo nos guateques porque
pertenecíamos a "pandillas" distintas, pero sí me acordo da
época do coro do instituto, do cal formábamos parte, xunto con
outros compañeiros (Menacho, Aparicio, Guayanas,... etc.).
Sergio formaba parte do grupo dos barítonos (baixos), e as
veces, antes dos ensaios no salón de actos do instituto,
colábamaos no mesmo unha hora antes, e nos poñiamos a tocar o
órgano e a ensaiar, "a nosa maneira". ¡Sergio, ós teclados,
`pegábelle ben a un tema que estaba de moda naquela: "Son of my
father", do Grupo Chicory Tip (ou similar). Por suposto, estes
ensaios non duraban moito, pois ben, ou viña o Braulio ou D.
Julio, e nos botaba fora (sin castigo, porque eramos moi bos na
área musical e imprescindibles no coro). A D. Alvaro, que era o
director do coro, ocurréuselle nun curso, facer unha obra de
teatro entre algúns dos alumnos que formábamos parte do coro, e
deunos uns papeis nos cales eu facía de tio e Sergio de meu
sobriño. Tanto nos chegou a enfrascar o papel, que ainda que a
obra nuncha se chegou a representar (non recordo os motivos)
Sergio e máis eu estivemos durante algún tempo chamándonos tio e
sobriño como si realmente houbera un vínculo familiar entre nos.
Anos despois, cando estiven estudiando na Coruña, entereime que
había falecido, e quedoume enriba a magoa de non haber asistido
a sua despedida. ¡Sergio, onde estés, unha aperta do teu "tio"!
Sergio , en terceiro plano, con outros alumnos no Salón de Actos do ITEM de
Ribadavia, polos anos 70.
"Son of my father" 1975. Chicory Tip.
Canitrot cambiei eu o link que tiña xa que non funcionaba,
coido que acertaría.