A Veronza (río Avia-Ribadavia) como
sempre, marabillosa.
Un ano máis, e van once, nos que un grupo
de alumnos do ITEM de Ribadavia e algúns profesores da etapa 1967-1977 nos
xuntamos para lembrar aqueles tempos e o mismo tempo para sellar a nosa
amistade; seguimos a máxima de "é mellor non deixar crecer moito a
herba e unha vez ó ano, polo menos, segala e regala..."

Na fotografía vese a xente
animada, bebendo un viño blanco do Ribeiro de "sete estalos" e recibindo
os compañeiros...

O lugar A Veronza, a carón do río Avia non pode
ser mellor...
Este ano, fixemos a Xuntanza na Veronza
directamente, ou sexa non fomos ó noso Instituto, hoxe IES "O Ribeiro",
para dar conta da nosa Asociación Cultural Exaprin Ribadavia. Farémolo o ano
que ven, decidimos dar un descanso a José Antonio Fernández Ferreiro, actual
director do centro, que todos estos anos nos tiña o salón de actos preparado
para a nosa reunión coa megafonía e todo a punto. Un pequeno descanso ben
merecido. Dende esta liñas mandarlle un abrazo e emplazalo para outro
ano.

A reunión asistimos 32 compañeiros e amigos. Non está mal...
Por certo na reunión falouse de como
estamos, a nivel contable a Asociacion. O balance de contas vai
cadrando gracias as "donacións" que facemos nestas xuntanzas...

O tesoreiro presentando o plan de contas e
tamén o sobre que neste caso fixo de "porquiño" para as "donacións"...
Fantántico Andrés, ¡sempre che cadran
as contas!... Non sei como fas... Nótanse as túas tablas en cuestión de
cartos...

A comida moi boa e ben
presentada, non faltou a empanada de entrante, o pulpo, o
churrasco e unha bica e rosquillas de postre. Bon viño do Ribeiro tanto
blanco coma tinto. E café e chopitos por suposto.
Acordamos no futuro seguir coas Xuntanzas
cada ano, e volver a facer ó ano dúas andainas. Falouse en
principio de facer unha polo "Pozo dos fumes" en Pazos de
Arenteiro e levar a cabo tamén a andaina polo "Cabo do Mundo"
e a "Fervenza de augas caídas" e o Castro en Marcé no Saviñao que a temos
pendente. Haberá que programalas...
En outono falamos.

Moita animación...

A todos moitas gracias pola vosa
participación...

Dende fai uns anos a xente empeza a
ser fixa, pero sempre hai algunha grata sorpresa...

Todos con ganas de repetir...

Moito humor coma sempre...
Agradecer o Concello de
Ribadavia o poñer á disposición o campo da Veronza, a pé do río
Avia, así como manter aberto os servicios deste campo. Moitas gracias.

Pasámolo moi ben...
Finalmente moitos abrazos, outra cousa non
podemos dar, polo traballo impecable que sempre fai o noso compañeiro de
directiva Julio Puentes. ¡Todo impecable Julio!...
¡Gracias a todos pola vosa
asistencia!
Volver o principio.
La
Xuntanza en el Vida de La Región
(Cousas do Andrés)
Si señor, Andrés se encarga de estas cosas y con total
éxito, se lo da todo hecho al diario La Región de Ourense y estos responden
como debe ser.
En este caso sale en La Región del día 23 de junio de
2019.
¡ Enhorabuena Andrés !
¡Excelente Tesorero, las cuadra todas!
Lo del son los números, sin duda...


Volver o principio.