A ruta non ten problemas,
salvo o da baixada o río, é bastante pronunciada e convén baixar
polo carreiro da ruta e non polo cortafuegos. Pasa de 939 m a 900 m
en medio km. Logo vai a carón do río ata a ponte e deixa a dereita
o cerco de Gamos e Cervos. É doado ver algún, si non facemos ruído e
temos boa vista... A vexetación de
ribeira é espectacular.

Nesta ruta é posible ver gamos, o cercado
é de gamos. De feito esta fotografía está sacada
no lugar por Xurxo Lobato. Na miña excursión
soio puden ver as cornas. Sobre o gamo tendes
unha ficha na miña páxina sobre "A vida nos
ríos galegos".
Que sepades que
teñen moito oído e son moi desconfiados.
O final, na ponte que existe,
iniciaremos a Ruta das Troitas, en
vez de subir a Aula da natureza, iremos río arriba.
---------------------------------------------------------------------
RUTA DAS TROITAS

.
-----------------------------------------------------------------------------------------------
Máis detallada:

A ruta ten polo
tanto 3 kms.

O centro ictiolóxico está
moi ben pensado e con moito detalle, sobre todo as capturas. Cando
estuvemos nós, estaba pechado e non funcionaba, pero é doado supoñer
como fan.
Esta ruta farémola partindo da ponte onde pon 919 m e subiremos ata
o centro ictiolóxico, volvendo pola estrada directamente a aula da
natureza. Aforramos 500 m.