V ANDAINA EXAPRIN RIBADAVIA  "ANDAINA POLO  XURÉS" ?

"Chuleta da v-andaina" 20-10-2012

 

Aquí tendes a famosa Via Nova dos romanos ou tamén chamada via XVIII do itinerario Antonino, unha das máis importantes vias de Galicia xunto coa XIX e XX. Esta vía unía Bracara Augusta (Braga) e Astúrica Augusta (Astorga) e os seus fins eran simplemente comerciais (pensai, como exemplo, as minas de ouro que explotaron os romanos, como por exemplo as Médulas)  e administrativos. Foi rematada no ano 79 d.c. . Tiña 220 millas e 11 mansións. É a vía que ten máis miliarios e máis pontes conservadas do mundo. A ponte do Bibei nos Codos de Larouco é única.                   

Pois ben,  parece ser que este, que vedes no dibuxo,  cientificamente,  é o seu trazado polo menos así o firma o profesor Antonio Rguez. Colmenero. Tamén Santiago Ferrer. A nosa proposta  é recorrer un bon trozo desta vía, concretamente dende un lugar  preto da mansión  romana Salaniana ata Aquis Querquensis. Xa sabedes, sobre todo os de Ribadavia,  que sodes peritos neste tema dos romanos,  que estos lugares como o Aquis Originis que o visitaremos ou o Aquis Querquennis eran lugares de descanso, cambio de cabalos, comidas,  etc.

-----------------------------------------------------------------------

Este é o mapa dos lugares por onde camiñaremos:

Esta é a mini-andaina que faremos. Pararemos na mitade para comer. No Aquis Lusitanus, un restaurante de Lobios que ben pudera llamarse así... Pola tarde visitaremos o Aquis Querquennis.

-------------------------------------------------------------------------------

 

Comenzo da andaina:

 

Miliarios da Via Nova Antonina XVIII Bracara-Asturica. Milla 37

Partimos dos miliarios de Portela de Home. Milla 37 da Via Antonina. Dicen algúns que este lugar era unha canteira de miliarios da propia vía. Dende logo hai moitos que opinan así... Outros dicen que fai anos quitáronse de moitos lugares, os miliarios, e foron depositados neste lugar. Non me estrañaría... O lugar merece a pena xa que está bordeado polo río Caldo e un regatiño que baixa da montaña...

 

Pola calzada romana, reconstruída, faremos varios kms. ata a Corga da Fecha,  seguindo  a orela dereita do río Caldo. Hai reconstruida preto dun km.

 

Corga da Fecha

Corga da Fecha, sabedes que en galego corga é un regato moi pequeno e fecha unha fervenza,  á que chegaremos por ese camiño que se ve a dereita. Uns quedaremos abaixo vendo as pozas e un muíño,  e outros subirán ata ver a corga de frente, ata o montículo e a fervenza que se ve enfrente. Ollo que nun km pasa de 400 m a 800 m. É unha subida impresionante, con que fagades 200 metros de subidas chega dabondo para disfrutar da corga, da paisaxe do lugar e sacar boas fotografías. Si seguides subindo chegaríades a "cabaniña do curro" que é unha andaina coñecida da zona, que podedes facer cando queirades, que non sexa o día 20/10/2012.

Con subir ata onde marca a liña vermella chega dabondo.

 

A Cabaniña do Curro está moito máis arriba, o sendeiro que son 29 kms. ata unhas minas...son palabras maiores. Repito con subir 200 metros chega dabondo. Onde marco co punto amarelo, ten unha vista extraordinaria da fervenza. Dende logo Andrés e máis eu quedaremos abaixo...

Ollo que o lugar é marabilloso pero hai que andar con cuidado nas rochas. A cor verde das súas pozas é única e inesquencible. No verán fórmanse unhas piscinas naturais únicas en Galicia, parecidas as do río Cerves, en Melón, sin a contaminación da canteira... Na data que vamos,  seguro que están marabillosas xa que esta semán chove dabondo...

 

Demostración evidente de que a cor é incrible. Tendes varias fotografías na miña web "A vida nos ríos galegos"  http://www.íos-galegos.com no apartado de "Os ríos son sendeiros".

 

Parada 2ª da vía Antonina. Na mansión Aquis Originis. Milla 39

 

Dende a fervenza iremos a primeira parada dos romanos nesta vía Braga-Astorga a Aquis Originis.  A milla 39. Trátase. o que hai á vista, dunha mansión romana, onde hai termas, onde seguramente tiñan auga quente, hai moitas augas termais no río Caldo,  foi usada de calefación e un longo etc. Unha parada romana da via Antonina, parada de cinco estrelas,  de luxo, sin lugar a dúbidas. Nas escavacións atopouse de todo: pezas de bronce e mármol,  moedas romanas, etc. Fálase de que esta vila casi chegaba o balneario de Lobios, ou sexa era moito máis grande, de feito na zona atopáronse tellas en moitas leiras que habería que investigar e que poden formar parte da extensión desta vila.

O lugar estaba de pena a última vez que o visitei. Esperemos que a Xunta actual fixera algo polo tema...

 

Comida no Lusitano de Lobios.

Logo iremos ata lobios, xa que no Balneario de Lobios está a esperarnos a cuádriga do compañeiro Aparicio para levarnos o restaurante "O Lusitano", o que eu chamo o "Aquis Lusitanus"...  Ó paso por Vilameá indicarei o sensacional sendeiro dos "Muiños de Vilameá" e se houbera tempo subiríamos a "Ermida do Xurés", 685 m a 3,5 km.,  indicando a ruta que sube polas capelas, pasos,  ata a cima... Outra ruta de senderismo interesante. A vista dende alí do Xurés é impresionante, vese Lindoso, o encoro, Olelas, Entrimo...si me apurades  ata Castro-Leboreiro.

Pola tarde:

 

Paso pola presa do encoro das Conchas

Polo camiño lembraremos outra vez a Via Nova, no encoro das Conchas falaremos un pouco de historia da inauguración de Franco en 1949 e tamén de Ponte Pedriña.

Cando en 1949 Franco inaugurou o encoro das Conchas (feita para dar electricidade a Vigo): "un grupo de veciños da zona desplegou unha pancarta na que decían "Franco, el pueblo quiere hablarte", para queixarse tras malvender as súas terras para a construcción da presa. Franco no viu a pancarta, por eso eu póñoa  diante da fotografía orixinal, por suposto a cabalo pasado, daquela non sería capaz, en honor a aqueles veciños que tan mal os trataron... Foron os primeiros da provincia en pagar, logo viñeron outros; como os meus veciños do pobo de Alberguería, do que son fillo adoptivo...

Está claro que os carteis que aparecen os pes de Franco e o seu séquito é unha montaxe miña. Si observades na fotografía, hai máis, non se ve nin rastro da pancarta. Eran tempos nos que a guardia civil e a policia secreta era abondosa o servicio do reximen...

Esta ponte quedou a pe de presa...Ponte romano da Via Nova declarado Monumento Histórico Artístico en a 1944 e asolagado en 1949. Cousas que pasan...Hai unha lenda desta ponte que podemos contar, que ten que ver co nome que lle deron "Ponte Pedriña". Tendes a lenda na miña páxina de ríos no apartado de "os ríos son lendas", por certo con algunhas moi notables e interesantes...Esto dos ríos estou a ver que son básicos en Galicia, o ouro do futuro, e nunca, nunca estuveron tan abandonados como hoxe...¡Unha mágoa amigos e compañeiros, para chorar!...

 

Aquis Querquennis. Milla 53 da vía Antonina XVIII.

 

Visitaremos a segunda parada romana na ruta Antonina o Aquis Querquennis situado en Portoquintela no encoro das Conchas. Na milla 53 polo tanto a 14 millas do Aquis Originis. Si o encoro está cheo, que non é o caso queda asolagado. Hoxe 17/10/2012 está ó 35%. Podemos pasear perfectamente polo seu entorno e si temos tempos acudir a onde se bañaban os xefes...Si que sei onde, por suposto...

 

A fotografía non é miña. O autor é Ramón Domínguez. Nestas pozas de augas termais,  bañáronse moitos romanos e inda siguen a bañarse  moita xente, que sabe delas...

Trataremos de ver estes lugares de baño que están a uns 600 m. do campamento Aquis Querquennis.

 

Precisamente Querquennis fala dos quercus que había na zona e tamén dos habitantes da zona os Querquerni. Nesto das etimoloxías tiña que prefuntar o doctor, o noso compañeiro Frutos, xa veremos o que opina do tema (pola miña banda seguindo a Colmenero cambiei Querquenis por Querquennis, eles dicen que é o máis correcto)....

 

Estas paradas, na vía romana Antonina,  estaban feitas para andar un día e logo por suposto descansar. Neste caso 14 millas romanas está bastante ven. (1 milla = 1481 m. Os romanos falan de 1.000 pasos, pasos completos ou sexa doble, en total aproximadamente o dito). 14 millas equivalen a  pouco máis de 20 km. que non estaba mal, o día...

Aquis querquennis dende o aire, fotografía sacada do sensacional libro "Excavaciones arqueológicas en Aquis Querquensis", que firma Antonio Rguez. Colmenero e Santiago Ferrer Serra como editores e o grupo arqueolóxico Larouco.

Observar as barbaridades que se fixeron no entorno por exemplo pasa un camiño pola mitade e outras...

Pequeno resumen para entender de que vai e algunhas cousas curiosas:

"Os campamentos según Vegetio deberan facerse en lugares ricos en leña, pastos e auga, si son permanentes cunha paisaxe salu¡dable e que ten que elexir o Praefectus castrorum..."

Imprescindible, un río e unha fonte. Logo distinguía según fora plano, montaña...etc. Ata cinco casos.

 

 Plano de Aquis Querquennis sacado do libro citado. escala 1:1000. O lugar máis ou menos son 160 m por 160 m. , un pouco máis... . Exactamente 25.842 m2 o total. Todo rodeado dunha muralla con foxo. (Aquí marcado de vermello, pero hipotéticamente nas raias discontinuas). Os nomes principais están copiados do libro citado e os comentarios, por debaixo,  son meus, sacados, por suposto, da lectura do libro.

En canto as portas era normal que tuvera catro. Ver o dibuxo do final. A Porta Decumana debía estar no lugar máis alto, cousa que non pasou neste campamento. Moitas das estancias tiñan madeira, como o cuartel xeral, e un sistema de canais e cisternas moi estudiado. Os barracóns da tropa era de terra o chan ou mezcla de arcilla. A auga da choiva tamén estaba estudiada meticulosamente.  Nos lugares apareceron varias cisternas onde seguramente acumulaban auga da choiva. Nos barracóns da tropa aparte das habitacións hai cociñas e,  comprobouse analizando cada estancia,  que os soldados tiñan pertencias persoais, aparte da roupa, como adornos, olas de cociña, vaixelas, etc. Restos que foron aparecendo na excavación...

Faltan por excavar moitos lugares onde se supón están as letrinas, os talleres, etc.

Un veciño do lugar,  Porto Quintela,  en 1990 falaba dun lugar subterraneo, que seguramente chegaría ata o río Limia. Cando eran nenos metéronse no lugar en varias decenas de metros pero o medo e o lodo impediulles seguir. A orientación era cara o río Limia.

Convén observar na visita moitas cousas e intuir moitas outras. Hai de tódolos xeitos moito feito e escrito. Moitísimas pezas recollidas e catalogadas na excavación: miliarios, estatuillas, marcas cerámicas, moedas, armas, obxectos metálicos, restos de cerámica, restos de  morteiros, trozos de vaixelas, trozos de cántaros. cerámica de producción Bracarense, etc. Está moito feito pero queda moito por facer e teño entendido que a Xunta non está pola labor. Mal pola xunta, moi mal, si o noso patrimonio non o cuidamos, non o investigamos, mal futuro temos...

 

Dibuxo dun campamento romano tipo, para que vexades algúns detalles e o que falta por facer, no Aquís Querquennis...

Faltaba no dibuxo, o hospital, os talleres (para arranxar ferramenta, armas, , etc) e por supostos as letrinas. Púxeno daquela maneira... O dibuxo non se parece o Aquis Querquennis pero da unha idea...

Volver a V-Andaina.

 

  

Inicio | Asociación  |  Faite socio  |  Actividades  |   Foro  |   Historia |   Documentos  | Email | Enlaces