Asoc. Cult.  Exaprin Ribadavia. 7ª Xuntanza. 31/05/2014

  Sensacional como siempre. 26 dos 50 asistentes. O noso agradecemento a José Antonio Fernández Ferreiro, por poñernos o Instituto IES O Ribeiro, o noso instituto,  a nosa disposición; no Salón de Actos tuvemos unha reunión, pola mañán, onde fixemos un resume das actividades da Asociación no período 2013-2014. Gracias José Antonio por compartir e colaborar con nosoutros nesta Xuntanza anual. Na fotografía está José Antonio, no extremo da dereita.  Nas fotografías podedes ver o gran ambiente que temos. Ademais todos os anos ven xente nova...Unha marabilla. ¡Gracias a todos!.

Inicio | Asociación  |  Faite socio  |  Actividades  |   Foro  |   Historia |   Documentos  | Email | Enlaces

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

CONVOCATORIA VII-Xuntanza:

 

ESTA FOI A CONVOCATORIA - MENU.

7ª xuntanza - EXAPRIN.

Lugar: A Veronza. Ribadavia                  Día : 31 de maio 2014            Hora: 14:30

Precio comida: 28 € .

No precio da comida van incluidos 144 € do hosting da páxina web e 81 €

de gastos de imprenta.

 

---------------------------------------------------------------

Esta será a carta enviada:

 

 

Carta que enviaremos próximamente:

Asociación Cultural de ex_alumnos, ex_profesores e personal non docente do I. de Ribadavia.

G32393191, constituida en febreiro do 2009.

Páxina  web: http://www.iribeiro.es           Email: exaprinribadavia@gmail.com

 

 

 

Ribadavia, cinco de Maio  de  2014.

 

Queridos alumnos/as e compañeiros/as do Instituto de Bacherelato de Ribadavia:

 

      Escribo no nome da Asociación Cultural Exaprin Ribadavia,  e  o noso obxectivo é invitarvos  a 7ª XUNTANZA  de esta Asociación a celebrar o día 31 de Maio do 2014, co seguinte

 

PROGRAMA

 

.- 12:30  horas da mañán, recepción de asistentes no salón de actos do Instituto IES O Ribeiro (o noso instituto). Reunión da Asociación Cultural Exaprin Ribadavia,  coa seguinte orden do día:

-        Lectura acta da sesión anterior.

-        Estado de Contas.

-        Actividades realizadas o ano 2013. Videos e fotografías.

.- Ás  14:30 XANTAR de confraternidade no lugar da Veronza de Ribadavia; si chove teremos o xantar no pabellón de deportes do CPI Tomás de Lemos, que está a carón do noso instituto.

Para asistir a  o xantar, ó que tamén poden ir os vosos  parentes e amigos,  será necesario retirar as tarxetas-invitación,  previo pago de 28 €  (neste precio vai incluida unha axuda para pagar gastos da A.C. Exaprin como  a páxina web 144 € máis e 81 € de gastos de imprenta), nos seguintes lugares.

 

       1- Bar Morto de Ribadavia e tamén no Bar Caracas.

 

       2.- Tamén podedes ingresar, 28 €,  na Conta da Asoc. Cult. Exaprin Ribadavia que temos en Novacaixagalicia de Ribadavia co nº   ES77 2080 5332  8730  4003  2481 , indicando o nome do interesado. Estes ingresos e a  compra  da tarxeta invitación, terán que realizarse antes do  29 de Maio do 2014.

 

Na tarxeta-invitación figura o menú a base de pulpo á feira, carne ó caldeiro, pan de bola, bica galega, viño blanco e tinto  do Ribeiro e chupitos de licor café e outros.

Para asistir á comida é imprescindible presentar a tarxeta, xa que será solicitada.

 

E nada máis, aproveito para mandarche  un saudo e  animarte  a que veñas á xuntanza.

 

                    Mentras tanto, recibe unha aperta: 

 

Secundino Lorenzo.

 Presidente da Asociación C. Exaprin Ribadavia

 

 

Volver.

Inicio | Asociación  |  Faite socio  |  Actividades  |   Foro  |   Historia |   Documentos  | Email | Enlaces

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Gracias a todos. VII Xuntanza.

Madarnás é  un clásico destas xuntanzas. E ven nada menos que dende Suiza, outros tamén dende Madrid, Santiago, Coruña, etc....Gracias.

 

Felicitacións a todos, os clásicos e os novos que sempre veñen. Moitas gracias a todos no nome da Xunta Directiva da A.C. Exaprin Ribadavia.

Xa sabedes os acordos que fixemos cara os anos que veñen;

1.- Manter a xuntanza do último sábado de Maio, mentras o corpo aguante,  onde sexa e con que sexa, mínimo dous colegas.

2.- Tratar de facer  dúas andainas o ano. Propoñede lugares.

E nada máis unha aperta a todos e repito gracias a todos que o facedes posible coa vosa asistencia...

 

Volver.