X-Xuntanza anual na Veronza.

Compañeros que estuveron na presentación de actividades de Exaprin, no noso Instituto.

Por certo agradecer unha vez máis ó director do "IES O Ribeiro" , José Antonio Fdez a súa colaboración e tamén a súa dedicación, ano si e ano tamén. Moitas grazas.Todo perfecto.

X Xuntanza   02/06/2018. Convocatoria.

X Xuntanza. ¡Gracias a todos un éxito total!

A xuntanza no Vida de La Región

 

Inicio | Asociación  |  Faite socio  |  Actividades  |   Foro  |   Historia |   Documentos  | Email | Enlaces

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

X-Xuntanza anual na Veronza.

Este ano volvemos a facer a nosa Xuntanza anual. E xa vamos pola novena.

Xa sabedes que intentará ser na Veronza e no último sábado do mes de maio, ou sexa o día 27.

Aquí tendes a convocatoria:

9ª XUNTANZA EXAPRIN

Sábado 27 de Maio de 2017

As 12:30 horas: recepción asistentes  no salón de actos do Instituto IES O Ribeiro

As 14.30 horas: XANTAR de confraternidade na Veronza (si chove,  no pavillón de deportes).

Menú: pulpo á feira, carne a ó caldeiro, bica, viños do Ribeiro, café e chupitos.

Precio: 30 euros (neste precio vai incluida unha pequena axuda para gastos da asociación).

As invitacións pódense mercar no Bar Caracas ou ingresando na conta de Exaprín

en Abanca, conta nº: ES77 2080 5332 8730 4003 2481

   

¡Volvemos a xuntarnos! ¡Todos a Veronza o día 27 de maio!

 

Volver o principio.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

X Xuntanza de Exaprin Ribadavia

.........

Un día máis, e van dez, nos que un grupo de alumnos do ITEM de Ribadavia e algúns profesores da etapa 1967-1977 nos xuntamos no noso Instituto, que hoxe se chama IES "O Ribeiro",  para dar conta da nosa Asociación Cultural Exaprin Ribadavia e lembrar moitas vivencias.

No salón de Actos non estuvemos moitos, a nosa xente hoxe non é moi madrugadora, pero logo no xantar si que estuvemos 36 o cal é motivo para estar moi contentos.

Os que asistimos á reunión das 12:30.

Por certo  na reunión falouse de como estamos a Asociación así como do estado de contas. O balance de contas é mellor non citalo, temos pouca cousa a verdade...

Acordamos no futuro seguir coas Xuntanzas cada ano, mentras teñamos xente. Estamos nun momento que estas xuntanzas son básicas para moita xente, así que seguiremos...

Tamén estuvemos visionando un video resumo das xuntanzas e andainas no período 2015-2018.

 

Ollo que ten 32 minutos, tomalo con calma pero merece a pena.

 

Un par de carpas foron suficientes esta vez, estuvemos comendo charlando e divertíndonos trinta e seis compañeiros.

O campo da Veronza en Ribadavia (Ourense)  é único...

 

En canto a comida decir simplemente que saímos todos contentos e felices.

Sempre hai incorporacións de xente que non veu nunca, como Lino, que foi  alumno do ano 1975 que veu dende Outomuro,  ó que é de agradecer; e dende logo outra xente que está apuntada de por vida...Botamos moito de menos a xente fixa como Álvaro e Julio que sabemos dos dous que non poideron vir por forza maior...

Nada máis,  agradecer as facilidades e o traballo aportado por José Antonio Fernández Ferreiro, Director do IES "O Ribeiro" de Ribadavia, o noso instituto, ter o IES aberto, o Salón de Actos impecable, con megafonía incluida e os medios informáticos a nosa disposición, e inda por riba acompañarnos todo o día, non se paga nada máis, nada temos, que con agradecimiento e amistade. ¡Moitas gracias José Antonio!.

Tamén agradecer o Concello de Ribadavia ó poñer a disposición o campo da Veronza, a pé do río Avia, así como manter aberto os servicios  deste campo. Moitas gracias.

Finalmente moitos abrazos, outra cousa non podemos dar, polo traballo impecable que sempre fai o noso compañeiro de directiva  Julio Puentes. ¡Todo impecable Julio!... Esta vez botámoste de menos...Pero sabemos que estuveches detrás...

Fotografias da Xuntanza. Fot.: Secundino Lorenzo.

Volver o principio.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Esta foi a convocatoria no seu día.

02/06/2018

Xa tendes a Convocatoria máis abaixo...

Este ano volvemos a facer a nosa Xuntanza anual. E xa vamos pola décima.

Xa sabedes que intentará ser na Veronza e farémola o dia dous de Xuño de 2018.

Xa tendes a convocatoria:

   

¡Volvemos a xuntarnos! ¡Todos a Veronza o día 2 de Xuño de 2018

 

 

Volver.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A Xuntanza no Vida de La Región.

Estos datos e estas fotografías apareceron no Diario "La Región " de Ourense no apartado dos domingos que titula Vida.

Con máis detalle:

Dar as grazas a "La Región" por estar tan o tanto da nosa actividade.

Gracias Andrés...

 

Volver.