"UN  DÍA  NO  INVERNADEIRO". PARQUE NATURAL DE OURENSE.

VII Andaina Exaprin Ribadavia

"Outono, sábado 26 de outubro  2013"

  Cando á faremos e como nos apuntamos.

  Como chegamos?: comentario

  Xa nos deron o permiso.

Andainas : Ruta das Troitas e Ruta da Auga.

Características do Invernadeiro, Video.

Na fotografía da esquerda as casas da Ribeira Pequena, casa do Garda, dende un mirador que hai na estrada que nos leva o Parque.

Todas as fotografías deste traballo son do autor da web e foron sacadas aproximadamente nas mismas datas, finais de outubro,  o ano pasado.

                                        salir.jpg (922 bytes)    Sair                                  

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Cando á faremos e como nos apuntamos

Zona do Invernadeiro, aula da Natureza e outras,  onde comeremos e descansaremos.

VII - ANDAINA  EXAPRIN RIBADAVIA

"Socios da A.C. Exaprin Ribadavia e amigos"

Vamos o Parque Natural do Invernadeiro.

 

Data: 26 de outubro de 2013.

 

·        Saída dende Ribadavia en Autobús  as  8:30 horas. Dende o Bar Caracas  de Ribadavia.

·        Recollida en Ourense Pabellón dos Deportes as 9:00 da mañán a xente que vai dende Ourense  (Avisar os que van dende Ourense)

·        Parada en Verín para tomar un café. Sobre as 10:00

Casas da Ribeira Pequena. Casa do Garda.

·        11:00 chegada as casas da Ribeira Pequena. Casa do Garda.

Aula da natureza e instalacións Invernadeiro. Casas Ribeira Grande

·        11:30 chegada a aula da natureza.  Casas da Ribeira Grande.   

     

Ruta da auga (cercado Gamos) +Ruta das troitas.           

·        11:45 Rutas de senderismo: Ruta da Auga + Ruta das troitas (3,5 km. + 3 km)

·        15:00 Comida campestre (comedor dentro si chove). Servirá a comida un restaurante da Gudiña.

·        Pola tarde sobre as 17:30 regreso.

     Si queres disfrutar dun día marabilloso, nun lugar único de Ourense: tes que ingresar o importe de 26 euros na conta que Exaprin ten en Caixanova en Ribadavia, indicando no ingreso o nome da persoa que vai a participar. A conta e o número 

                                        2080   5332   87   3040032481.

 A fecha tope de anotarse será  o 24 de outubro.

O precio por persoa é de 26 €, todo incluido (autobús, desayuno, comida, etc.)

 

salir.jpg (922 bytes) Volver.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Como chegamos. Comentario...

Dende Campobecerros (onde se chega dende Verín por unha boa estrada, son 21 kms.)  ata as Primeiras Casas da Ribeira Pequena hai 5,7 km. asfaltados e 3,7 km. sin asfaltar pero boa carretera.

Logo dende as Casas da Ribeira Pequena á Aula da Natureza, xa na Ribeira Grande,  hai 11,5 km. de boa carretera pero sin asfaltar. Esta estrada vai seguindo o río Ribeira Pequena ata chegar a confluencia dos dous ríos, e logo sigue o río  arriba pola Ribeira Grande ata chegar a unha Ponte e subir as Casas, onde está a aula da Natureza e as casas con servicios para quedarse no Parque (Ver mapas).

Hai que pedir permiso a Medio Ambiente, uns días antes da excursión, para visitar o Parque, por suposto nós xa o temos dende fai tempo...;  basta chamar por teléfono o 988386376, dar os datos do responsable da excursión e o número de visitantes. Por Email poden mandar o permiso directamente. O garda do Parque veu ata as Casas da Ribeira Pequena a pedirnos o permiso e darnos algunhas normas e responder algunhas das nosas preguntas. Esta vez seguro que fai o mismo...

As flechas verdes foi a excursión que fixemos pola mañán "A ruta das troitas" e que describo máis abaixo e as flechas azuis a excursión que fixemos pola tarde, "A ruta da auga" a  e que tamén describo máis abaixo. Nos faremos as dúas xuntas, primeiro a azul (sin subir as casas, aforramos un km.) e logo a marcada con verde.

A experiencia foi sensacional e por eso repetimos.... Merece moito a pena,  o lugar é único e dunha riqueza, tanto en flora como en fauna fora do normal. Imprescindible a visita  para os amantes da natureza. Non apto para o resto...

No que sigue porei uns mapas e unhas fotografías que nos sirvan a nós para repetir a visita e profundizar no Parque, quedou moito sin ver...O ideal no Invernadeiro sería ir dous ou máis días...Pero bueno nesta andaina faixe un perfectamente a idea do Parque.

 

Detalle sacado de Google Earth xa simulando 3D. O invernadeiro son 5.722 Ha (Ou 5.722 campos de fútbol) traducindo un pouco máis e transformando o Invernadeiro nun cuadrado tería  7,56 km. de lado. Pertence a Vilariño de Conso e ten unha historia moi peculiar...

Detalle da estrada para chegar ó Invernadeiro dende Campobecerros. Ten 5,7 km asfaltado o resto 15 de terra pero  está perfecta. Está ben indicado e non hai perda...

No invernadeiro hai zonas que non se poden ver, o pedir o permiso deixan moi claro cales son estas zonas de protección especial.  Pola nosa banda faremos dúas rutas seguidas na Ribeira Grande. O que queira repetir outro día xa sabe que ten que pedir permiso, persoalmente eu faría outras dúas rutas que figuran nun traballo aparte que son a RUTA DOS CERCADOS, onde verá cervos a mazo e a RUTA DE ACEVEDA onde verá cabras, son rutas de nivel ALTO - MEDIO . (Están onde pon Casa do Garda)

--------------------------------------------------------------------------------------------------

Fotografía das Casas da Ribeira Pequena, casa dos Gardas,  sacada dende un mirador que hai na estrada dende Campobecerros ata o Invernadeiro. Outono de 2012

Parque Natural Invernadeiro. Casas do Parque. Ribeira Grande. Aula de Natureza e servicios para os visitantes.

O río Ribeira Grande eu penso que é o río máis conservado da nosa comunidade. A fotografía está sacada na presa do centro de ictioloxía que ten o Parque natural. Outono de 2012. Ten un bosque de Ribeira único onde destacan os  bidueiros, amieiros, acivros, capudres, pradairos,  abelairas e un longo etc. (Tranquilos, neste link da miña páxinas tendes fotografías destas árbores). Realmente é dificil ver esto noutros lugares... Con sorte podemos ver algún mamífero como a lontra aparte por suposto de corzos, cervos, cabrás montesas, rebecos, gamos, etc. Por suposto veredes troitas e seguro algunha ra patilonga, que hai moitas no lugar...Na zona das casas dos gardas vin moitos coellos...

salir.jpg (922 bytes) Volver.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Xa nos deron o permiso

Vista dende o mirador antes de chegar as Casas dos Gardas. A estrada é a que leva a Ribeira Grande.

Xa temos o permiso da Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia.

Centro de ictioloxía, escada para subir as troitas o lugar de desove.

salir.jpg (922 bytes) Volver.