Libro "Historia de San Clodio"
Datos do autor do libro: Frutos Fdez. Glez.
| Inicio | Asociación | Faite socio | Actividades | Historia |
| Documentos | Email | Enlaces|
Libros de Frutos.
Por Frutos Fernández. Glez.
Outubro de 2021. 1ª Edición
Portada do libro.
Contraportada do libro.
--o--
O meu agradecemento a Frutos Fernández Glez. por regalarme esta xoia. Irei pouco a pouco.
--o--
| Inicio | Asociación | Faite socio | Actividades | Historia |
| Documentos | Email | Enlaces|
Vista xeral desde Lebosende: diante Leiro e o fondo San Clodio. Fotografía de mediados dos anos setenta, cando as viñas dominaban a paisaxe.(Páx. 83 do libro).
O libro fai un repaso marabilloso de San Clodio e toca todos os temas que hai que tocar, cun texto moi estudiado e preciso.
Ten nada menos que 486 páxinas en 22 capítulos: dende as orixes e o marco xeográfico; os lugares; a paisaxe; o aproveitamento da terra: os foros; demografía e sociedade na xurisdición de San Clodio do Riberio de Avia; os fidalgos e casas grandes de San Clodio; a desamortización; os comunais de San Clodio; as vías de comunicación; o traballo da terra; o Viño; as augas, o seu aproveitamento; o ensino; as feiras e festas; outras manifestacións culturais; a milicia e a guerra; o bandolerismo en San Clodio; a emigración; xentes de San Clodio; a dimensión relixiosa; breve historia do mosteiro de San Clodio I. Da Fundación Á Exclaustración dende 920-1835; breve historia do Mosteiro de San Clodio II. a última etapa beneditina 1886--1990.
Persoalmente estou a ler o libro por partes e estame gustando moito, descubro que o autor xa fala desa forma de ler o libro e dice, na introdución, que foi unha das cosas que inteutou, o de organizar os capítulos de forma que se poideran ler de distintas formas e sin facer unha lectura lineal.
Ó ir lendo cada capítulo, porei ó que máis me chama atención.
As Orixes e o marco Xeográfico
O libro comenza estudando as orixes da parroquia de San clodio, Frutos examina a procedencia do nome de Parroquia, como non poodería ser menos, xa que é un especialista na toponimia do Ribeiro entre outras. Dice que parroquia significa veciñanza, "...para o historiador Barreiro Fdez. a parroquia rural galega e a forma natural, espontanea e inmortal de agruparse a poboación campesina de Galicia, e vai moito máis alá dunha simple división administrativa da iglesia..."
"...Para coñexer como se formou a parroquia de san Clodio resulta fundamental o estudui do documento fundacional do seu mosteiro. Nese documento do ano 928, os promotores Álvaro e Sabita, outorgan a escritura da fundación dun mosteiro que construirán na "villa Emeterii", no territorio de Castela, xunto o río Avia. No mismo diploma aparecen diversas doazóns feitas a este mosteiro..."
O libro sigue contando a fondo o marco xeográfico de San Clodio:
Na páxina 33 trae estos mapas de situación de San Clodio que está en Galicia, e trátase dunha parroquia do concello de Leiro, no Ribeiro Ourensán.
O poboamento. Os lugares
A parroquia está composta de lugares que son grupos naturais de casas concentradas, no Ribeiro, dice Frutos, que casi sempre están montados os lugares sobre algún outeiro rochoso, e xeralmente en lugares inhábiles para aproveitalos agrícolamente.
Estos son os lugares da parroquia de San Clodio.
Frutos dedica 74 páxinas para describir de forma minuciosa: os oríxenes de San Clodio, as súas terras , o solo (casi todo de granito e ácido), as augas (co río Avía de fondo e os regueiros o Ríoboó e o Galegos). tamén a delimitación parroquial, así como o arranxo parroquial que fixo o bispo Cesáreo Rodrigo en 1893, para rematar cun estudio a fondo de cada un dos lugares de San Clodio: dende San clodio mismo, a praza de San Clodio, O Cruceiro, As Solainas, a casa de Primo Lorenzo, a casa da Capitana, A Petada, Os Loureiros, A Barouta, A Regueira, Cabo, A Esperela, Maín, Valgarreiros, Vilanova, A Veiga: vella e nova, A Ponte de San Clodio, O Mesón, O Cano, San Sebastián e ata as casas diseminadas (con instalacións de Coren nos anos sesenta do pasado século, hoxe soio funciona unha delas).
Cada lugar ten o seu texto, como se creou, quen o creou e a referencia do topónimo. Un por un dende San Clodio ata O Mesón,
"...A que semella ser a primeira poboación medieval, a "villa Emeteri", situábase nas proximidades do coto que domina a parroquia, o coto de Aguieira, porque as ruínas que inda se observaban cando a redación do libro tombo de 1595, e que se supoñan do castelo de Álvaro e Sabita, ben podía corresponder a un antiguo castro Serie preciso realizar prospeccións..."
Debe entenderse este texto que sigue: como que é un pequeno resumen persoal para indicar de que van os capítulos, e ven a ser como entendo eu ou interpreto o texto; en calquera caso escribo como para que me axude a situarme nun libro de moita, moitísima información. As copias literais poreinas en negrilla e entre puntos e comillas...
Vexamos algúns capítulos, postos simplemente en base ao meu interés, pero o mismo tempo indicando a fondura de este gran estudio. Non me estrana que lle levara vinte anos sacar o libro a luz...
¡Mereceu moita a pena, unha marabilla amigo Frutos!.
Demografía e sociedade.
Idade Media: non hai datos da parroquia de San Clodio.
Tres séculos máis tarde un documento de 1282 sobre 60 veciños, sobre 40 hab/km2
Século XVI, o primeiro padrón, 1580, fala de 88 veciños (331 hab.) residentes en San Clodio sin contar os membros residentes no mosteiro sobre 40 persoas. 184 hab/km2 soio en San Clodio. Na xurisdición de San Clodio (San Clodio, Cuñas, Lebosende e Bieite) era de 387 veciños(1457 hab.). Datos espectaculares si se comparan cos que se dan para Galicia de 21-22 hab/km2 no ano 1591. Frutos dice que se pode explicar considerando a superior rentabilidade por unidade de superficie do monocultivo do viño, entre outras cousas.
Dos 88 veciños de San Clodio, según ese padrón de 1580, máis de 70 tiñan fincas aforadas . Había 5 fidalgos, que eran os que poseian os foros máis importantes. Había 4 xastres, dous zapateiros e un barbeiro, sobre 6 veciños tiñan tendes, fondas ou tabernas. Dous pobres. Había un 10% de población que eran criados, estaban en San Clodio nun 28% dos hogares. O aumento da población foi en xeral en toda Galicia, detívose a finales coas pestes a bubónica e a peste atlántica.
Século XVII, falase de 100 veciños entre 1611 e 1616 e 107 veciños en 1630. O ritmo de aumento foi menos. Ou sexa unha desaceleración.
Século XVIII, aquí temos o catastro de ensenada (ano 1753) e o censo de Floridablanca. No libro aparecen 107 veciños e 427 habitantes, por certo aumentaban os fidalgos a 15 ( 3 escribans, 1 abogado e 2 militares).
Os datos do censo de floridablanca (ano 1787) San Clodio figura con 443 habitantes, datos que confirman o estancamento, o contrario do que pasada no Ribeiro de Avia que aumentaba en 15%. Dicir que frutos recolle moitísimos máis datos no seu traballo,
Século XIX, neste século o dicionario Miñano de 1825 rexistra 125 veciños e 580 habitantes. De stos 110 pagaban rentas o mosteiro no momento da desamortización. No se sabesi nese número estaba incluida as 50 persoas que nese momento estaban no mosteiro. No censo de 1857 aparece o máximo histórico de veciños rexistrado en San Clodio con 127 veciños e e 496 habitantes, pero baixan os habitantes. En resumen parece queno momento da deamortizacación,, a expulsión dos monxes e a desaparición daxurisdición de SanClodio marca o máximo e un punto de decadencia.
Desta época ano 1853 a praga do oidio causou 10 anos de ruína na zona. Inda por riba no 1856 aparece a cólera. Tamén motísima mortalidade infantil con tosferina, lombrices, febre pútrida e viruela. Terminouse o século con 487 habitantes en San Clodio.
Século XX, este é o século da franca decadencia. O principio de século comenza cunha terra agrícola e pobre. A terra é dunhaspoucas familias, en consecuencia familias enteiras buscarán unha saída na emigración a América.
En 1920 a población é de 370 habitantes. Inda por riba no 1918 hai outra grave crise sanitaria a "gripe española" afectou a personas mozas entre 20 e 40 anos e máis as mulleres. A guerra tamén menguou moito como podemos ver nesta tabla que copio do libro de Frutos:
Aquí vense determinadas baixas que teñen a súa explicación, según Frutos, así na década dos cincuenta a población de San Clodio redúcese un 22%, o que pasou é que mozos e matrimonios novos buscaron en Venezuela un futuro mellor. No ano 1960 so había 77 veciños e 264 habitantes, ou sexa en medio século perdeu a metade da súa población. Logo chegou a emigración a Francia, Alemania e Suiza. Esta emigración vese na baixada a 255 e 177 habitantes. San Clodio perdeu o 48% de habitantes.
A partir dos anos oitenta regresou algunha xente que había emigrado e fixo algúns cartos, o regreso compraron casas en Ourense, a Coruña e Vigo e arranxaron algunhas casas do seu pueblo. Dase o caso entón de que veñen por tempoada, os fins de semán e nas vacacións. Moitos siguen censados na parroquia onde naceron, pero viven noutro lugar. Nun reconto feito no ano 2003 "...o nomenclátor do INE rexistraba 135 habitantes na parroquia; mentras o reconto realizado lovounos a 52 veciños (99 habitantes) residentes e 32 veciños (120 hab.) que soamente pasaban tempadas en San Clodio..." .
Este fenómeno dase en moitos sitios de Galicia.
A Paisaxe:
Gústanme moitas cousas e descubro outras curiosas, por exemplo non sabía que no Ribeiro e concretamente en San Clodio había as árbores chamadas lamigueiras. que eu coñezo cos nomes de lodoeiro, latoneiro, virgondoiro e outros, en castelán almez; unha árbore que abundaba no río Miño en Ourense cidade e que o concello de Ourense talounos casi todos, ¡que manía de cortar ó que non saben!, deixou un par deles no muíño de A Veiga, río abaixo...Seica as boliñas ou frutos cando están verdes utilizábanse como munición, nas cerbatanas de caña. As famosas moroubeiras que así lle chaman en Pontevedra. Tamén a madeira usábase para os arcos das cubas...
Tamén no apartado das aves é moi completo e fala dalgunhas xoias como o vichelocrego, a oronpéndola en castelán; en galego ten máis de 20 nomes entre eles o papafigos e o ouriolo; outra marabilla que me gusta ver todos os anos, inda que os figos encántanlle, a min tamén, e baixan que da gusto cando chega o ouriolo, pero voulle perdoar polo bonito que é e o se canto, agudo e insistente... Fala de moitos paxaros que hai na zona, sempre con curiosidades...da gusto.
As augas. O seu aproveitamento.
Nas augas. O seu aproveitamento. Aquí fala a fondo das fontes do pueblo, da pesca, dos muíños, as augas quentes, dos afogados, do que implicou o embalse de Albarellos, que "...rematou con aquel idílico río...", dice Frutos e súmome o dito, e o de Frieira, que rematou con moita pesca, das ríadas do Avia, sobre todo a de 1914 e as de 1978 e 2001 e de moitas máis cousas. Outra gozada de texto.
Ó que conta da pesca, un tema que para mín ten especial interés, faime casi chorar, pero simplemente ó lembro, xa que eu pesquei o río Avía e algúns regatos da zona, na miña estancia no ITEM de Ribadavia nos anos 1968-1977. Frutos dice, e é totalmente certo, que o río Avia, non soamente era un río troiteiro, abondaban ademais as anguías, as troitas bicais, os sábalos e as lampreas, unha auténtica gozada de río. Hai datos onde se fala tamén dos reos do río Avia. Ollo que eu vín un día un salmón no regato de Maquians, dende a finca do Evencio, no ano 1968, enfrente do ITEM de Ribadavia, instituto onde estudiou bacherelato Frutos, precisamente.
Unha curiosidade, entre moitas, da abundancia da pesca, conta Frutos unha bonita tradición na limpeza de lavadoiros en San Clodio, unha concretamente no regueiro Riobó:
..."Una bonita tradición que se perdeu hai algúns anos era a da limpeza do lavadoiro. Cada ano encargábase un veciño, e para realizala desviábase o curso do Regueiro polo canle de rego dos terreos do Corrillo, quedando seco o pozo do lavadeiro. O premio para o veciño que realizaba a labor era a pesca que resultaba da operación, normalmente unha cesta chea de anguías, peixes e troitas, cesta que levantaba gran admiración entre os rapaces, que querían ver a troita e a anguía máis grande de cada tempoada"...
O aproveitamento da terra: os foros.
O principio do capítulo, que incia cunha frase de Otero Pedrayo que dicia que os galegos somos máis fillos da terra e do mar ca do ceo.; Frutos deixa clara a idea de que "...estudar a evolución da propiedade e do aproveitamento da terra en Galicia, axúdanos a comprender mellor aspectos fundamentais do noso espírito e forma de ser; ese apego do paisano ó seu pequeno anaco de terra, un apego forxado pola tradición de séculos de traballo en terras aforadas e pola memoria, máis recente, do grande esforzo que supuxo para os nosos devanceiros labregos facerse con propiedades plenas de tales bens..."
Pero ¿qué son os foros, como naceron e como se chegou a ese apego do paisano pola súa terra? . Todo esto explica Frutos neste sensacional libro.
O foro é todo tipo de contrato, especialmente agrario, polo que unha persoa ou institución cede a outra o uso ou proveito dun conxunto de propiedades que podrían incluir viñas, montes, terreos, leiras, casas, etc, a cambio do comprimento de diversas condicións previamente estimuladas.
Os primeiros foros en San Clodio foron nos séculos XII e XIII. Frutos fala de 263 documentos, nesta primeira etapa, dos cales únicamente catro foros están localizados na parroquia de San Clodio. Cousa lóxica xa que a maior parte dos terreos eran explotados directamente polo mosteiro. Por poñer un exemplo, o primeiro deles, un agro en Penamá, aforado coa condición de que se plante viña e árbores e cunha renta a pagar da terceira parte do viño e dos froitos recollidos...
Nos séculos XIV e XV destacar como resumen que nestos séculos xa hai un impulso moi grande da viticultura, ou sexa aparece no foro a obriga de "chantar" viña no que ata entón era monte. Nas contraprestacións aparece a obligación de aportar a "tinta", que parece referirse ó "bagaño", que son os restos sólidos das uvas despois de pisalas. Seguramente utilizábase como abono. Tamén se utilizan outras aportacións, que eran as condicións que se poñían nos foros, por suposto cartos, e tamén capóns, carneiros, lacóns, etc. en determinadas épocas do ano...Tamén aparecen os subaforamentos. Hai tamén cousas distintas na duración e na renda. A duración normal do foro era de catro voces (vida de foreiros), a renta púñase de un quinto para a primeira voz (sería ata a morte do aforeiro) , e aumentaba a un cuarto na seguinte (ou sexa un cuarto para o descendente, o que se quedaba coa casa, e asi sucesivamente). As veces era distinto para cada voz.
A renda por exemplo en viño pasou a uvas e tamén nalgún momento en moios. Tamén aparecen novas obediencias como as da Cociña, Alberguería e Sancristia; en fin todo un mundo esto dos foros.
No apartado dos fidalgos e casas grandes de San clodio Frutos relata por cada casa os foros con todo tipo de detalle. Menudo traballo amigo...
No século XVI as cousas cambian bastante xa que por regra xeral, na segunda parte do século a renda é casi exclusivamente dun quinto. Tamén as catro voces , común ata o ano 1567, redúcense a tres. Esto das voces hai que aclarar que leva implícita a duración do foro refirese a vida dos foreiros, catro voces serían catro vidas, o primeiro foreiro e a vida dos primoxénitos sucesivamente...Así un foreiro e tres primoxénitos.
O viño convértese na única renda foral da parroquia; tamén se unifican os servicios complementarios: como arcar as cubas, facer a poda, podar as parras do Mosteiro, etc.
A destacar neste século é a emerxencia da fidalguía como nova clase social, según Frutos "...foi o abade Rodrigo de San Xes quen propiciou a súa chegada, entre finais do século XV e principios do XVI, otorgando foros en condicións favorables a forasteiros membros desas familias. Despois, en pouco tempo relativamente, esas familias fidalgas acapararían unha boa parte das terras de San Clodio, producíndose dese xeito unha alteración notable da distribución da terra con respecto á situación a mediados do século XVI..."
Xa no século XVII a novedade máis interesante foi a sustitución da duración das tres voces pola "vida dos tres reis", a partir do ano 1612. Logo cambiouse co engadido de 30, 40 anos por rei, xa que algún morreron en reinados de 13 anos, como Fernando VI e ese era pouco tempo para un foro.
Outra forma de pago é a de pagos de "docenas de manojos de sarmiento" de "mollos", mañuzos atados das vides que resultan da poda que se utilizan para acender lume nas lareiras. Aquí, dice Frutos, seguía unha gran crise, sobre todo para os pobres, que obriga a moitos foreiros a vender os seus bens ós fidalgos. Tamén os morgados é outra característica; son vínculos que se estableces dentro das familías dos fidalgos, así o morgado establecía que certos bens vinculados non podían ser vendidos polo primoxénito ou heredeiro e así evitábase a repartición de terras e polo tanto o debilitamento das familias máis poderosas (foi abolido no primeiro terzo do século XIX). O proceso de acumulación de terra polos fidalgos ten que ver moito coas ventas dos humildes e cos morgados.
Xa no século XVIII aparece a renda fixa, nesta non había proporcionalidade de colleita. Por exemplo fora un bon ano ou non había que entregar pois por exemplo 28 moios, a mitade de tinto e outra mitade de blanco. Examinando os casos, dice Frutos, que o beneficiado sempre era o figalgo ou o rendista.
Xa nos séculos XIX e principios do XX , "...A desamortización dos foros ven por venda ou ven por redención , tivo efectos moi distintos para os fidalgos , para os comerciantes e para os campesiños...".
Hai que ler con calma a historia, os foros no século XIX tenden a subcontratación e uns están polos foros (os fidalgos) e outros en contra (a igrexa) cada un coas súas teimas e arrimando a sardiña ao seu. Pola contra o campesiño cada vez peor, inda por riba cas enfermades da vide facendo estragos, como a crisis do oidium, dez anos negros que obligaron a vender. Os fidalgos das casas granes consiguen a propiedade plena da terra. Os comerciantes acadarán mais riqueza. O campesiño vivia dos xornais nas casas grandes e os que tiñan oficio, vivian de ese oficio: carpinteiros, canteiros, ferreiros, forneiros, zoqueiros, etc. O resto tocaba emigrar. Pero esa é unha historia, xunto coa desamortización que hai que ler completa.
Nos planos catastrais que aparecen na páxina 104 do libro pódense ver como estaban as terras divididas cos foros e como están finalmente as fincas máis grandes co resultado de todo o proceso. Tamén metendo no medio a emigración tanto do XIX como do XX o non poder vivir.
O traballo da terra. O Viño
Outro capítulo que lectura que da gusto. Nel pasa revista, despois de facer unha introdución moi interesante, os traballos da viña, as castes, os traballos de adega, a estila e por último a comercialización do viño.
"...Escribía Otero Pedrayo que o pan e o viño, as dúas producións vitais da terra, dividen en mil anacos o carácter xeográfico e humno do chan galego penetrándose e dividíndose en complicadas figuras..."
O viño para San Clodio é básico, esta claro. No Ribeiro parece que todo comenzou no século X e "...entre elas está a tantas veces citasa doazón de Álvaro e Sabita no ano 928 ó mosteiro que eles mismos construiran no "Villare Emeterii". Entre os bens figuran tres viñas...o verdadeiro impulso de desmonte e plantación dasviñas no Ribeiro é a partir do século XII...foron principalmente os mosteiros de SanClodio, Oseira e Melón, as veces co apoio real, os primeiros responsables dunha transformación que fixo que a partir do século XIV, as vides fosen, na práctica, un monocultivo dentro do Ribeiro de Avia"
Resumindo un dato básico é que ben entrado o século XVI a superficie total era de 1700 cavaduras de finca en San Clodio no ano 1565, unha cavadura eran 436 m2.Entre 1830-35 xae dun estudio en total 165 cavaduras, cifras que coinciden. Frutos deduce que "...a pesar dos avatares das colleitas, prezos e crises comerciais, esa superficie marcou unha constante de explotación durante case tres séculos..."
Ata aquí a introdución.
No resto de páxinas dende a 241 ata 261 describe Frutos con todo detalle, así como os tempos e as formas, dos traballos da viña: a poda, a ata (rodriga), cavar e vendimar. Tamén outros traballos como chantar as plantas, "entrechantar" ou repoñer, enxertar e estercar.
Chámame a atención o refraneiro, sempre sabio, por exemplo "Pódeme que saiba e áteme quen queira", "Cáveme que quixer e pódeme quen souber", etc. E tamén como se actuaba nas vendimas, os xantares, os cantos e as súas razóns, etc. Unha delicia de lectura.
No apartado das castes, dice Frutos que está por facer o gran traballo sobre as variedades cultivadas o longo da historia no Ribeiro. Dice "...Tal vez a primeira relación sistemática de castes cultivadas en Galicia foi a que fixo o padre Sarmiento a mediados do século XVIII nela aparecen, entre outras: albariño, torrentés verdello, treixadura e lado, entre as castes brancas; e caiño, brancellao e tinta femia, entre as tintas. Cita tamén bastantes variedades de uvas para comer: náparos, moscatel, collón de gato, etc...",
"...Outra fonte importante sobre as castes é o dicionario de Eladio Rodriguez...entre as castes brancas citaa treixadura e a loureira, que non foran citada polos autores anteriores, e como característica de todas as comarcas vitícolas de Galicia, o albariño, torrentés, verdello e albilla; tamén cita o godello, pero sin atribuilo a unha comarca específica. Nas tintas destaca o brancellao e o caiño... Pero D. Eladio xa recolle outras variedades tintas frecuentes no Ribeiro: ferrol, tintilla, mencía e garnacha. Nin o alicante nin o xerez aparecen no seu dicionario..."
Estas dúas últimas castes, o Alicante e o Xerez non aparecen ata despois da posguerra, está claro para Frutos que estas castes de baixo precio salvaron da ruina total a moitos paisanos e salvaron de moita fame...estou totalmente de acuerdo.
Pasa revista despois os traballos da adega: os traballos da vendima, o lavado das cubas e o axuste dos arcos e o "inchado". No verán pasaban polas casas "os sarrieiros" que se dedicaban a arrancar o sarrio, os cristais.
Despois da pisada das uvas viña a fermentación, o tinto co bagaño e o blanco non. Logo o chegar os primeiros frios facíase a trasega.
No outono tamén se facia a estila, ou sexa a augardente. Toda unha historia que hai que ler.
Remata o capítulo cun apartado dedicado a comercialización do viño. Neste apartado comenza usando os traballos feitos por Huetz de Lemps no seu traballo "apogeo y decadencia de un viñedo de calidad: el de Ribadavia". Todo o capítulo é de lectura obligada, dende os primeiros clientes en beber o viño, seguramente os perigrinos que viñan a Santiago, pasando polos pobos de Galicia e cidades da costa Cantábrica e bretona ata os mantenimientos dos mercados medievales de Inglaterra, Xénova, Flandes e América.
Todo elo na parroquia de San Clodio, según Frutos, "...debeu manter certa importancia ata ben entrado o século XIX...", para demostrar esta afirmación pón exemplos de comerciantes que lles foi ben nestos tempos...
Seguirei poñendo máis cousas.
--o--
| Inicio | Asociación | Faite socio | Actividades | Historia |
| Documentos | Email | Enlaces|
Ficha e fotografía sacada do libro Historia de San Clodio. (a esquerda na parte de atrás da contraportada e a dereita unha fotografía do final do libro despois da pax.470)
| Inicio | Asociación | Faite socio | Actividades | Historia |
| Documentos | Email | Enlaces|