Quen ó diría; dende aquela 1ª xuntanza...
Vamos facer xa a XII Xuntanza.
Estamos no 2022.
Respiramos despois de dous anos nefastos.
Sobre a canción que soa "Over the rainbow" cantada por Eva Cassidy...
Inicio | Asociación | Faite socio | Actividades | Historia | Documentos | Email | Enlaces
SOBRE A CANCIÓN "Over the rainbow..."
Eva Cassidy 1963-1996. (Over the rainbow, do seu disco Songbird)
Simplemente decir dúas cousas sobre esta canción que aquí está versionada por Eva Cassidy, unha cantante que tuvo moi mala sorte na vida e non pasou de ser, en vida, unha cantante de carretera, pouco máis...Pero ¡como cantaba!...
A canción cantouna por primeira vez Judy Garland na película "O mago de Oz" en 1939. Logo fixo historia, e ten moitísimas versións...
Dende logo é unha canción mítica, que seguro que xunto a "Imagine" dos Beatles son, según moita xente entre a que me inclúo, das mellores letras da historia.
O ¿por qué a poño de música de fondo no noso tablón? é unha cuestión persoal, vai por gustos...quizais penso que o que estamos a facer tamén está por riba do arco iris, no azul do ceo, nunha andaina especial; xa me gustaría propoñer esa Andaina Exaprin para todos...
A letra dice máis ou menos así:
Sobre algún lugar do arco iris, moi moi alto,
hai unha terra da que escoitei contar nunha canción de cuna...
Nalgún lugar sobre o arco iris
os ceos son azuis
e os soños que te atreves a soñar fanse realidade.
Algún día pedirei un desexo a unha estrela
e despertarei moi lonxe das nubes
deixando atrás os problemas
lonxe, moi por riba das chemineas
alí é onde me atoparás.
Nalgún lugar sobre o arco iris
voan os paxaros celestes;
entón por qué eu non podería tamén voar?...
Si os paxaros voan alegremente
máis alá do arco iris,
¿por qué eu non podería?