1968-1977 de I.T.E.M. de Ribadavia a I. N. B. de Ribadavia.

O lector pódese imaxinar que o momento xeral no Ensino en 1968, non era todo o bon que se podería esperar debido ós aires de transformación. A pesar de todo o Instituto funcionaba perfectamente e o  nivel non era baixo.

Aquel curso chegou  ó  Instituto xente xoven, recén terminada a carreira e  con moitísimas gañas de traballar. Ese foi o meu caso.

Pulsar para ver a pantalla completa.

Na fotografía de 1969, poden  verse algúns profesores  xunto a compañeiros de oficina e bedeles: Braulio, Secundino, Guillermo Culell, Teresa Culell, Loly, Conchi, Lula, Julio Freijido, Sr. Prieto, Margarita Souto, María Orosa, Manuel Portela, Gerardo Álvarez Vidal, Pedro Moreno, Conchita Cachafeiro, Manolo e Alvaro.

Na fotografía falta xente: como Jesús Gómez, José Antonio Puga e Belmira,  entre outros.

¡Que grupo tan sensacional!  e falo dende a perspectiva que me dá  a miña visión actual do Ensino, despois de 37 anos dedicado a Enseñanza.. Traballábase moito no centro e con moitas, moitísimas gañas de facelo ben.

Neses anos estuvo de director Julio Freijido, un director preocupado por que todo saíra ben e o centro funcionara correctamente. 

Foron uns anos moi bons  para o Centro. 

En xeral, formábamos unha  familia,  coas súas diferencias lóxicas, pero sempre primou a boa marcha do centro. Como debe ser...

Antes de seguir,  lembrar  que ós poucos anos faleceu  Guillermo Culell, todo un exemplo de dedicación e entrega ó centro. Perdimos un compañero marabilloso e un excelente amigo. Tamén Jesús Gómez Pereira, outra belísima persoa e queridísimo amigo,  (Jesús morreu na década dos 90). Posteriormente morreu  Gerardo Álvarez outro sensacional compañero e queridísimo amigo do que escribe. A todos, onde estedes, unha aperta moi grande e sentida...

Si teño que resumir aqueles primeiros anos 1968-1969-1970 poría sin dudalo o seguinte: moitísimas gañas de traballar, un instituto onde en xeral  formábamos unha familiapoucos medios materiais (por poñer un exemplo tuvemos que refacer a biblioteca, para o cal cada Departamento Didáctico aportou unha lista, que lembro  perfectamente  mercamos, pouco a pouco,  na Librería Tanco de Ourense) e unhos alumnos excelentes (para mín, os mellores que tuven,  en tódolos  aspectos, tanto no humano como no  intelectual...).