A Ribadavia, repito, comenzou a chegar xente
nova ,
profesores preocupados polo Ensino e porque as cousas funcionaran
ben:

Na fotografía poden verse:
á esquerda a Celso Rey (Profesor de Francés), no medio
Secundino Lorenzo (Profesor de matemáticas) e á dereita Vicente Villar
(Profesor de Filosofía) tres dos profesores chegados ó
instituto nese período e que foron bastante significativos.
(A fotografía é posterior).
Xunto ós xa citados, cabe resaltar a chegada de: Conchita
Cachafeiro (Física e Química), Margarita Souto (Lengua), Loly Barja (Lengua), Leonor
Carrera (Historia), Oscar Villán (Historia), Roberto Fernández López
(Lingua) , Julio Sánchez (Latín), Pepa Bernárdez (Francés), Chedes
(Inglés), Mª Emilia (Bioloxía), entre outros...
A todos eles, dende esta páxina www, doulle as gracias dado que
o
Instituto de Enseñanza Media de Ribadavia, polo menos esos anos, foi todo un exemplo de
bon funcionamento e ó mismo tempo de Instituto reivindicativo.
Sin deixar de funcionar a tope, fumos un centro que levamos
a voz
cantante no movemento de profesores interinos en Galicia e,
seguramente en parte do estado.
Dende o punto de vista académico fixemos un grupo sensacional
e os nosos alumnos triunfaron unha e outra vez nas probas de grado
e na Universidade.