1968-1977 de I.T.E.M. de Ribadavia a I. N. B. de Ribadavia.

Na fotografía poden verse a varios profesores nunha das moitas  excursións   que se facían.

Na fotografía  están Manolo Fidalgo, Chedes, Secundino e Pepa.

A fotografía está sacada na montaña que hai detrás do instituto de Ribadavia, a Franqueirán, onde estaba a toma de auga para o pueblo de Ribadavia, a carón do regato de Maquiás.

 

Na  fotografía  un magosto (celebrábase tódolos anos),  poden  verse os compañeiros Chedes, Braulio Soto e Julio Sánchez, compañeiro tamién falecido fai  unhos anos en accidente de tráfico, outro bon amigo e compañeiro do Instituto Nacional de Bacherelato de Ribadavia e despois  no  IES As Lagoas de Ourense, onde fomos compañeiros ata que morreu.

Julio Sanchez,  foi  profesor de latín nos dous  Centros  e ten na actualidade (dedicado)  un Seminario, o de latín precisamente,  no IES As Lagoas de Ourense.

Sobre Braulio Soto quero facer unha puntualización.

 

Pola miña parte volvendo a ler un discurso pronunciado o día 16 de Xuño de 1977 con motivo da miña despedida do centro, atopo unha  unha serie de frases e pensamentos que vexo interesante repetir nesta ocasión, para que o lector teña unha  idea do que se pensaba naquela  época (xa pasaron  máis de trinta anos e  algunhas cuestións platexaronse moito despois...):

Reproduzco algúns de eles tal como foron  pronunciados aquel día 16 de Xuño de 1977:

"Concebimos la enseñanza, como un servicio público fundamental que implica un proceso continuo, permanente y organizado para atender las necesidades reales de la sociedad y que permita al ciudadano integrarse en el entramado social, sin traumas y en pie de igualdad con los demás..."...."criticamos los métodos de valoración de la llamada evaluación continua, que siguen realizándose sin el asesoramiento del médico, del psicólogo y del pedagogo..."..."Estamos a  favor de una enseñanza pública de calidad...."  "Abogamos por un cuerpo único de profesores, donde la única forma de acceso sea demostrando los conocimientos y la competencia profesional, día a día y año a año.."..."Abogamos por un ciclo único de la Enseñanza  desde los 4 años a los 16 años, público, obligatorio y gratuito y pedagógicamente unificado para integrar teoría y práctica, trabajo manual e intelectual...en una formación polivalente para todos los ciudadanos...todo lo anterior enmarcado desde un punto de vista pedagógico, tendiendo a lo que se entiende por una pedagogía liberadora que contribuya a convertir el proceso educativo en un medio de transformación de la sociedad..."

"Queda iniciado la elaboración del estatuto de Régimen interno, así como el estudio y el papel de los alumnos en las evaluaciones..." Por último...."decir que da gusto cuando se trabaja con auténticos profesionales de la enseñanza, con gente convencida de lo que hace...De estos por suerte para mí y para el Centro han abundado en este Instituto a lo largo de estos años..."

Ata  aquí algúns recordos desta época en 1977 no Instituto Nacional de Bacherelato  de Ribadavia (Ourense); máis tarde Instituto de Bachillerato Mixto de Ribadavia e actualmente  "IES O Ribeiro".

Dende estas liñas,  e aproveitando as novas tecnoloxías dos anos actuais, reitero unha vez máis as gracias a todos aqueles profesores que fixeron do Instituto Nacional de Bacherelato  de Ribadavia un gran instituto. Para todos os alumnos, centos de alumnos que pasaron polas súas  aulas,  mandarlles de corazón, unha aperta de corazón  e un  recordo entrañable.

Con agarimo: Secundino Lorenzo.