1968-1977 de I.T.E.M. de Ribadavia a I. N. B. de Ribadavia.

No  Centro houbo moita continuidade de profesores  estos ano, algo para min fundamental, moita amistade, normalmente xantábamos xuntos na  zona xa que tiñamos clases pola mañán e pola tarde,  (lembro  algúns lugares como: Bar Evencio en Ribadavia, Bar Petete en San Cristobal, Bar Alfonso, en Trasariz, Xatomé na Cañiza, foron lugares  predilectos de comida...).

Facíanse moitas festas e comidas, lembro, con especial cariño e por suposto apetito,  aquelas comidas e ceas, onde a base eran troitas da zona,  que aportaban "os pescadores do centro", por certo, e ó  marxen da enseñanza,  había auténticos mestros no  arte da caña  "Manolo Portela, Pedro Gómez, Gerardo e Braulio, e algúns "alumnos" como o que escribe e Oscar Villán entre outros...".

Foron, pese ó anterior,  unhos anos duros, os cinco últimos do Gral. Francisco Franco en España, que tanto marcou a nosa xeración; pero no centro, pese á escasez de medios, traballábase ben e no  grupo de profesores xa se respiraba aires democráticos a pesar da represión que inda existía.

Na fotografía da época, poden  verse os  profesores  Maria Orosa, Margarita Souto, Loly Barja, Celso Rey, José Antonio Puga, Prudencio Fernández, Alvaro Montes e un longo etc. que fixeron  época no  I.T.E.M. de Ribadavia, hoxe IES do Ribeiro- Ourense.