Fot.
Secundino Lorenzo. Os Peares. Camiño de
Cibrisqueiros para ver o Priorato e igrexia de Pombeiro. Unha xoia do Románico.
Xustamente aquí, nos Peares, comenzaremos a VI
Andaina Exaprin Ribadavia. Colleremos unha
estrada asfaltada xustamente despois destas casas na parte dereita do
río Sil e moi preto do río Miño. Os quinientos
metros hai este mirador. A tres km. está a nosa 2ª
parada, a Igrexa de San Vicente de Pombeiro.
Curiosamente aquí, pero no muíño de enfrente,
no río Bubal comezamos tamén a nosa III-Andaina o 22/11/2011.
A fotografía mostra o río Miño e unha parte dos Peares.
Comezo da andaina:
Os horarios son unha
aproximación.
9:00
Saída de Ribadavia dende Bar Caracas.
9:30
Recollida, compañeiros de Ourense, no Pabellón de deportes.
Tramo I:
10:00 Visita a
Igrexa románica de Pombeiro, preto dos Peares.
11:00 Visita a
Igrexa románica de San Fiz de Cangas.
11:30 Café e
descanso en Ferreira
de Pantón.
Tramo II:
12:15 Ruta do
"Rego e Muíños do Xabrega". Fervenza do Chancis.
14:00 Visita o
Mirador de Cividade. (Non se poido facer, non pasaba o autobús)
14:30 Visita o
Mirador Cotarro II. (Non se poido facer, non pasaba o autobús)
Tramo III:
15:00 Comida
en Doade. Restaurante A Cantina. (Xa confirmado e falado-Mary.
Chamarei para confirmar nº, 32, e menús a base de Caldo
galego, cocido, bica do Castro, café, chopitos e un bon viño da
zona de Amandi)
16:30 Visita
socalcos de Amandi, viticultura heroica, mirador de Soutochao e
bodegas rectoral Amandi (por fora) e Regina Viarium (por fora).
Mirador de Amandi. Mirador de Cadeiras e Santuario (Si hai
tempo...)
Tramo IV:
17:45
Visita Convento Cisterciense de "As Bernardas" en Pantón.
Pechan as 18:00.
18:30
Visita a igrexa románica de San Miguel de Eiré
19:00
Regreso.
Nota: observar que vamos cumplir,
a priori,
os tres obxetivos básicos da visita ó Canón do Sil e a Ribeira
Sacra correspondente: o paisaxístico e de natureza
(impresionante), o histórico coa visita a catro xoias do
románico (fora de
serie), e o do traballo dende tempos memoriais na chamada
viticultura heroica.
Queda un carto obxetivo que penso que se vai
cumplir tamén: pasalo ben. Esperemos que o día acompañe e sin
non é así, repetiremos...merece a pena.
A continuación porei uns mapas
por tramos, posteriormente farei algúns comentarios para
sacarlle máis partido:
Todos os mapas están sacados do Google
Earth, Provincia de Lugo, río Sil dende Os Peares ata o
Mirador do Castelo en Doade.
Os comentarios son engadidos con cousas
curiosas e dende logo coa situación exacta, de cara a un bon
funcionamente, sen perdas nin atrancos na andaina.
Os comentarios, neste caso da esquerda abaixo,
son para non perdernos nas estradas e que aclararei no seu
momento. Vamos, que son datos para o meu bon goberno na VI-Andaina.
Con doble linea, rectángulo negros, están
marcados os lugares a visitar.
-------------------------
Brevísimas notas sobre o Románico da zona:
Non vou decir casi nada sobre o Románico, en
Ribadavia e bisbarra temos moito e bon, fai pouco publicouse un
libro sobre o románico do Ribeiro, non estaría demais conseguilo....
Soio lembrar algunhas órdenes
relixiosas, que foron as precursoras deste arte, como os
Benedictinos (que funda Benito de Nursia. Mosteiro
de Montecassino.
Napoles. Siglo VI. "Ora e labora". 73 normas, sete oracións o día
Laudes (3),prima (6), tercia(9), sexta(12), nona(15), vísperas(18) e
completas(21)). Exemplo Sto. Estebo Ribas do Sil,
Sta Cristina, San Pedro de Rocas, etc.); a
Abadía de Cluny ( Regla reformada por Guillermo Duque de Aquitania. Francia Central 910.
Razóns: depender do Papa e non dos Señores; cortar a moita riqueza acumulada polos Benedictinos e
ver que se perdera a base,
que era cuidar as almas,... Monxes
Cluniacenses. Exemplo San Vicente
Pombeiro)
ó que siguen outras como os Cister (Regla, tamén reformada, por Bernardo de Claraval
en 1119. Mao dura, xa que volveran as andadas das riquezas: volta a S. Benito "Carta de caridad".
Cistercienses.
Exemplo Montederramo. Xunqueira Espadañedo. triunfou chegou a
ter 60.000 monxes e , nuns 340 mosteiros que se triplicaría en pouco
tempo...), que tuveron moito que ver coa
renovación da espiritualidade e un novo estilo de vida en Francia,
Italia e unha boa parte do norte de España, Portugal e tamén
en boa
parte de Europa central e o norte. Os cistercienses chegan ata
hoxe en día.
Citar que tamén tuveron a súa
importancia as órdenes de caballerías como os
Templarios
(Exemplo
Hospital Incio) e outros. Tamén
por suposto, ter en conta, a influencia das peregrinacións, as cruzadas, así como
os poderes políticos e relixiosos que forman o cerne do románico.
É unha paradoxa dice Fco. José Ruíz, no libro
que cito máis abaixo, que aquela sociedade belicosa, certamente
inculta, ansiosa de poder e de riqueza, desconsiderada coa inmensa
maioría pobre e embrutecida, creara o románico. Un arte que para
representar o ceo e a grandeza do Creador necesitaba un templo con
bóvedas de sillería con todos os problemas que arrastraba.
Esas bóvedas veremos que inda están en pé despois de tantos séculos...
Fixérono moi ben, sin dúbida. Grandes mestres...
Tamén repasar catro cousas sobre as plantas de cruz latina e outras, a
orientación este-oeste, os rosetóns, as bóvedas de canón e as torres
ou campanarios. Decir que había escolas de "Mestre de obra" nesta zona, como a de Ourense
e Vilamarín e mestres que deixaban firma, así o mestre de Eiré...e
sobre todos o mestre Mateo, o mellor de todos.... A importancia das
fachadas, portas de entradas, etc. O Románico comenza en Galicia
realmente a finais do século XI.
Sabemos de sobra que os mosteiros buscan
lugares onde a auga esté cerca, onde se poidan cultivar viño,
castaños, etc. e dispoñer de pesquerías con moitas anguías,
salmóns, troitas e sábalos, como estes do Sil.
Sabemos tamén da Regla Benedictina de
"Ora et labora" dos primeiros monxes, a acumulación de riquezas ata chegar a
"Carta de
Caridad" dos Cluny, un golpe na mesa por cousas mal feitas, onde se afirman que os monxes deben de vivir do traballo
das súas mans e decir non os diezmos e limosnas...
Unha característica propia da Ribeira Sacra é
que moitos dos monumentos reciben o nome de
mosteiro, e logo soio vemos unha igrexa, pero non sempre
hai unha casa rectoral ou restos dun pequeno mosteiro.
Efectivamente ese mosteiro existiu, pero logo coas leis
amortizadoras do século XIX (Madoz e Mendizábal) e o pouco cuidado e
o abandono fixo ó que se pode ver, que en moitos casos non existe ou
está en estado lamentable...
Sobre o románico da zona recomendo o libro
"Cuaderno del románico de la Ribeira Sacra" de Fco. José Ruiz
Alderaguía, Ediciones La Rectoral 2011, un libro moi
traballado e marabilloso no texto e nos dibuxos. non ten
fotografías. Dice nun dos capítulos "...que a Ribeira Sacra
merece un visitante culto e asombrado ante la grandeza de lo
sencillo". Pois ben, nós pretendemos, seguro que sí,
cumplir as dúas condicións, dentro da nosa humildade...
O libro é de Fco. José Ruíz
Alderaguía.
Na portada pon, entre
outros detalles:
"Animado por descubridores
varios,
canteiros de la palabra,
asombrados viajeros que anotan
lo que sienten
en viejos cuadernos de
bitácora a la sombra de cualquier soto".
Nota: por
certo o dibuxo é o ábside de San Estevo de Ribas do Sil.
O libro
merqueino nunha librería no centro de Monforte.
Sabía que era outra xoia, xa que me falaron moi ben
del...
Ver este link.
Esta pequena chuleta pretende ser unha "dovela"
posta nos nosos coñecementos...
Por certo, falando de dovelas, vou poñer algúns
nomes que penso deberan saberse para sacar máis producto a estas
visitas. Ver este pequeno
glosario do Románico,
sacado do libro citado.
A nivel de internet
neste link tendes moitas características con exemplos de
Románico. Moi
traballado.
Comentarios ó Tramo I da andaina:
Neste Tramo I que faremos a
primeira hora, temos tres visitas: o mosteiro, igrexa, de
Pombeiro, a Igrexa de
San Fiz de Cangas e remataremos no
Palacio de Sober.
Pero ¡ollo! veremos moito máis, en primeiro lugar a
paisaxe incrible do canón do Sil que comenza precisamente neste punto.
Nos Peares.
Fot. Secundino Lorenzo.
Aquí comenza o canón do Sil. O que menos me gustan a
cantidade de mimosas que hai, xa, na zona. Que vos vou a contar os
de Ribadavia...
Fot. S. L. Fachada
Sur. Ten outras tres f., unha torre e tres ábsides
Ó fondo o
Mosteiro de San Vicente de Pombeiro, por detrás
está a fachada principal, incrible, e o Priorato. Unha
auténtica marabilla fundada antes do año 1000 pola Reina
Dña Gotona, esposa de Sancho Ordoño e que nace como
Priorato, logo foi cedida a orden de Cluny. En 1200
comenzou a facerse as obras do templo, xa existía o
mosteiro, de planta basilical de tres cabeceiras e
catro tramos na nave. Seguidamente faltaron os cartos e
quedou a cousa a medias. Todo esto pode verse por fora,
hai que analizalo. Por dentro ó mismo. A partir do
século XVI pasou a Depender de Santo Estebo. Non
hai que esquecerse de contar o cambio que lle deu un
párroco a principio de 1900. Así como a
rehabilitación que se fixo en 1996 onde apareceron as
pinturas primitivas. Estas pinturas de 1460 seguramente
sexan as máis antigas de Galicia. Esperemos ter a
oportunidade de entrar e velas...
Efectivamente tuvemos
esa oportunidade, sensacionais.
Ver este pdf con toda
a explicación das mismas así como do autor, entre outros,
D. Vasco, un abade...
O Priorato actual é do
século XVIIII. Ten o estilo dos Pazos.
Fot. S. L. Fachada
Sur. Ten outras tres f., unha torre e tres ábsides
Dibuxo do libro
citado.
Notas: A chave
pódemola atopar
na Casa cor amarela de Cibrisqueiros, árbol grande. Tena
Jaime. Tfno.: 982456377 (Esto é cultura en Pantón)
Fotografía Secundino L. Fachada oeste. Ten tres ábsides.
A igrexa de San
Fiz de Cangas quería ser de cruz latina pero o
final quedouse sin un brazo... É un espacio casi
cuadrado. Tratouse de imitar a San Miguel de Eiré, que
veremos pola tarde, pero o final non se fixo a torre.
O primeiro documento é
de 1108 cunha posible abadesa chamada Visclara.
Dña. Inés López, a abadesa rebelde, que se negou a
abandonar o mosteiro e que está enterrada diante
da porta e outra cousa curiosa.
A igrexa ten o seu
misterio en todo. Cousas moi ben feitas frente a outras
non tan ben. Claramente vese que tuvo reformas
importantes e obligadas. Hai que vela...Sorprenderá...
Na fachada principal,
oeste, habería para dar varias clases de xeometría,
outra de análisis diferencial, teoría de límites no
infinito, algunha de astronomía e outra de sexo.
Enfrente o tema de sexo aparece un burro.... Todo así mesturado... Hai para todos.
Ver a fotografía abaixo...Ver tamén o párrafo do
Apocalipsis no capítulo doce...
Para mín está claro
que ó máxico nº 8, o nº de perfección e resurección está
moi presente. O Sol (Deus) e a lúa ( o feminino, a
muller) tamén aparecen...
Monumento nacional en
1981.
Dibuxo do libro
citado.
Notas: 982456377
. Ver a 100 m o Humilladoiro que non é románico.
Portada occidental da igrexa de San Fiz,
cos dous modillóns dereito e esquerdo. Fotografía
Secundino Lorenzo.
O autor do libro citado propón para esta
interpretación, da porta oeste de San Fiz de Cangas: unha
lectura xeroglífica-apocalíptica transcribiendo o capítulo doce
do Apocalipsis (que significa revelación):
Una gran señal apareció
en el cielo: una Mujer,
vestida de sol, con la
luna bajo los pies,
y una corona de doce
estrellas sobre la cabeza;
está en cinta y grita
con los dolores
del parto y con el
tormento de dar a luz.
Y apareció otra señal
en el cielo:un gran dragón rojo,
Nesta fotografía (Secundino L.) vese o
interior co altar maior a dereita, un engadido altar a esquerda
onde está enterrado o señor que seguramente mandou facelo e
unhas pinturas co martirio de San Sebastián entre outras...
--------------------------------------
Sobre as pinturas do Mosteiro
de Pombeiro é moi interesante este plano:
Na excursión fixemos mención da pintura onde
figura o autor D. Vasco coa data de 1460, pero ollo que está na
pintura 5 pero na parte esquerda.
Fot. Secundino Lorenzo. D. Vasco non é o
que eu dixen o da dereita que é San Xoan Evaxelista, o carón de
María e as tres Marías, xunto con Jesucristo. D. Vasco está na
parte esquerda abaixo, moi dificil de ver pero si vos fixades
moito vese perfectamente...
Fot. Secundino Lorenzo. Estaba
dificil a cousa pero efectivamente o monxe autor de gran parte
das pinturas, D. Vasco, está coas maos rezando e coa cara que
non se ve polo deterioro da pintura en si. No texto pon o nome e
o ano en que se pintou. Vasco ano 1460.
Exactamente pón: "D. Vasco, prior de Pombeiro,
era del Señor milesima cuadragentsima sexagésima segunda" que
non é unha data normal e traducida da 1462. Ver o link coa
explicación. Ver este pdf
Fot. Secundino Lorenzo. Tamén
metín a pata no tema da virxen xa que non é na natividade e
moito menos a virxen cós peitos o aire e todas as elocubracións
que fixen. Falso.
Teño que decir que o traballo de Alicia P.
Suarez-Ferrín caeu nas miñas mans o día 15/03/2013 a noite e fixen unha
lectura rápida e mala. Pido perdón...
A virxen co peito o aire está na pintura do
Xuicio Final (pintura nº 1) e os peitos o aire están noutra
figura que utiliza a autora para xustificar que non é o primeiro
caso e pon un exemplo que eu pensei era a pintura.
Fotografía da páxina do traballo citado.
Esto foi o que vín a figura da esquerda é a que
hai en Pombeiro e efectivamente a Virxen ten un peito na man, na
da dereita, que foi a miña confusión está en Pamplona e trátase
dun exemplo da autora do traballo para indicar que hai
precedentes.
Fotografía da páxina do traballo citado. Xuizo Final tema I.
Onde a Virxen está cun peito o aire.
Nesta fotografía de Álvaro vese a pintura do "Xuizo Final"
arriba a esquerda.
Estes comentarios así como está lámina está
sacada do sensacional traballo
Ver este pdf de Alicia
P. Suárez-Ferrín. Nun traballo de 102 páxinas estás
descritas e estudias todas as pinturas deste sensacional
mosteiro.
Decir para rematar os comentarios, sobre
esta marabilla que é a Igrexa de Pombeiro, que é
unha mágoa como está de mal cuidado o entorno, sobre todo pola
parte do abside, cheo de ortigas e silvas. O patrimonio hai que
cuidalo un pouco máis...É o que temos e o que nos queda...
Sin comentarios. O amigo Rafael debeu sufrir a tope coas
ortigas... Ademais molladas...
Remataremos o Tramo I tomando un café e o
que se tercie no Hotel Palacio de Sober.
O final non fumos o Hotel Palacio de
Sober, pechado por reformas ata maio de 2013??
Fot. de S.L. da fachada norte do Hotel, A
dereita ten a entrada e a capela que se ve, e por detrás un
edificio con spa e piscina.
Un Hotel Palacio de
Sober que empezou sendo unha pequena construción polo
século VIII ata o XV,seica que nos documentos figura nos
anos 740 Vasco López de Lemos, que viviu en tempos de
Alfonso I. Pasou por unha ampliación grande nos
séculos XVI e XVIII, para chegar a total demolición en
1933.
Dende 1996 é propiedade
de Tomás Arias Fernández e a súa filla Marta Arias Rguez.,
que dende ese día da compra tenderon a perservar a súa
conservación.
O símbolo do
Palacio de Sober ten 13 roeles...Si algún está
interesado explicarei o por qué son 13 e non un,
como estaba no blasón dos Lemos.
Xa sabedes que non
pode ser... O "!Palacio de Sober" pechou por reformas;
seica estará aberto en Maio, a mediados.
Comentarios ó Tramo II
da andaina:
Con doble liña, rectángulo negros, están marcados os
lugares a visitar.
A ruta "Rego de
Xabrega". Foto S.L.
Unha ruta de muíños.
Distancia 4 km ida e volta.
Nos soio faremos a ida.
Dificultade: baixa.
Duración : como moito 1
hora.
A ruta vai pola beira do
río Xabrega en Anllo (Sober). O río baixa lanzado ata o río Sil.
Este río cae o Sil cunha parede de rochas moi espectacular. O
río ten varios muíños e dous batáns.
Ollo que a ruta non está nada
indicada e moi abandonada (marzo 2013). Unha mágoa...
É curioso que algúns dos
muíños son de roda vertical (Chámase bruia e son típicos das
aceas en Ourense ciudade que había catro, dous inda se
poden ver hoxe, os interesados podedes ver a miña páxina web co
dicionario,
para saber do que estamos falando).
Desembocadura.Chancis. Embarcadeiro.
Foto S.L.
A ruta dos muíños de
Xabrega remata co río caendo por unha parede de rocha moi
espectacular e formando unha fervenza.
No lugar, que se chama Chancís, fixeron un
embarcadeiro xa que está xusto enfrente do
embarcadeiro de onde sae a ruta en catamarán polo canón do Sil.
Casi onde está a presa de San Estebo.
O embarcadeiro está feito
con moito gusto, na miña opinión, pero cando o río trae
moita auga, como era o caso do día da miña visita, é un
caos a zona xa que o río non da abasto e sae do canle, facendo
que a explanada que hai no lugar se asolague.... Hai que velo.
Merece a pena. Pero ollo tomar precaucións si o río leva moita
auga
Hai tamén unhas vistas
marabillosas o canón do río Sil.
O que menos me gusta é a
cor do río Sil, unha cor verde que trae o río dende moi arriba...
A ruta "Rego de Xabrega" que trascurre río abaixo no Concello
de Sober ata os Chancís onde hai unha fervenza espectacular e un
porto de catamaráns está da man do Señor... Non hai nada
indicado, en ningún momento hai señais de ruta e faise mal, moi
mal o camiño... está en moi mal estado. Así non vamos a
ningunha parte e non se fai país.
O rego tamén se chama regato de Camilo e
tiña varios muíños nunha ruta de 2 kms. Os muíños están medios
desfeitos, hai moas no ríoe outras pezas. O abandono é grande...
Entrada no "Mirador de Cividade",
espectacular, misterioso, hai que vivilo... Foto S.L.
A estrada que leva a este mirador remata
cun sendeiro de 3 kms de estrada non asfaltada pero que se pode
pasar indo moi despacio. O letreiro pon soio para 4x4 pero un
autobús pequeno pasa sin problemas. O que vamos levar nós, non terá problemas xa que sei
que o noso conductor Aparicio vai dicir que é unha autovía...
O
final cambiose o autobús e o conductor...Non pasamos...
Sei que para a festa do viño de Amandi arranxaron un pouco
este camiño botando graba e asfalto nos lugares máis
comprometidos.
Entrada no "Mirador de Cividade",
espectacular, misterioso, hai que vivilo... Foto S.L.
A estrada que leva a este mirador remata
cun sendeiro de 3 kms de estrada non asfaltada pero que se pode
pasar indo moi despacio. O letreiro pon soio para 4x4 pero un
autobús pequeno pasa sin problemas. O que vamos levar nós, non terá problemas xa que sei
que o noso conductor Aparicio vai dicir que é unha autovía...
O
final cambiose o autobús e o conductor...Non pasamos...
Sei que para a festa do viño de Amandi arranxaron un pouco
este camiño botando graba e asfalto nos lugares máis
comprometidos.
Mirador Cotarro II. Espectacular,
enfrente Sta. Cristina de Ribas do Sil e moitas máis cousas...Foto
S.L.
Trataremos ir dende o Mirador de
Cividade, en total 2,5 km. de camiño que pasan os coches
perfectamente.
Sta. Cristina dende o mirador Cotarro II. Un
exemplo claro de románico e un mosteiro benedictino que quedou
anexionado a o mosteiro de Sano Estebo de Ribas do Sil. Unha
xoia entre castaños. Fotografía de inverno.
Tanto o mirador Cotarro I ou Cividade como o Cotarro II non podemos
chegar xa que o autobús non poido pasar, quedarán para outra ocasión.
Merecía a pena como se pode comprobar nestas fotografías.
Mirador Cotarro I ou tamén chamado Cividade. O fondo o encoro de
San Estebo de Ribas do Sil.
Sinto moito que non chegáramos a ver esta marabilla.
Mirador de Cividade. Fotografía Secundino Lorenzo.
Vai para vosoutros está fotrografía:
Mirador Cotarro I ou Cividade. Unha marabilla. Fotografía
Secundino Lorenzo.
Comentarios ó Tramo III da andaina:
Con doble linea, rectángulo negros, están marcados os
lugares a visitar.
Fot. Secundino L. Tamén deste lugar
sae o tren turístico á "Viticultura heroica e canóns do
Sil". Nós non colleremos ese tren xa que o noso vai
conducido por outro maquinista.
Comeremos no Restaurante "A Cantina" de
Doade. Bon trato e boa comida moi preto de Amandi.
Ver este link.
Tfnos.: 982 198 717
630 333 579
Fot. Secundino L. Dende o mirador de
Soutochao.
Nestes sucalcos cultívase a
uva nas variedades de mencía, e godello
entre outras. Como sabedes a variedade mencía da lugar o
viño tinto típico de Amandi e o godello o viño blanco. Os dous
son sensacionais.
Hoxe hai moitas bodegas
na zona, totalmente mecanizadas e con produción que rondan,
algunhas entre 50.000 e 200.000 litros. Veremos ó pasar algunhas
delas, moi famosas. Tamén se está traballando, moito e ben, con
viños en barrica de roble francés e americano, facendo
viño con crianza. Tamén facendo e levando as últimas tecnoloxías
en fermentación natural en depósitos de acero inoxidable con
temperaturas e tempo de procesos totalmente contralados.
Algunhos viños como o godello despois da fermentación natural
estanse a levar a depósitos de madeira de roble francés e logo
unha posterior crianza de tres meses sobre lías finas.
Esta parte está considerada
como Subzona Amandi, aparte dentro da Ribeira
Sacra hai tamén as subzonas de Chantada, Quiroga-Bibei, Ribeiras
do Miño e Ribeiras do Sil.
O traballo nestas viñas é
incrible, observar a pendente, a estreiteza dos sucalcos onde
non queda máis que traballar sin medios mecánicos. O de sangue,
sudor e lágrimas creo que ven a conto...
A Denominación de Orixen
Ribeira Sacra foi autorizada en setembro de 1996.
Comprende 2.500 Ha,
2.811 viticultores, e 94 bodegas.
Viticultura heroica. Está claro... Fot. S.L.
O nome de viticultura
heroica está perfectamente fundamentado, basta ver os bancais,
nos que as vides loitan por gañar terra a montaña. A posta en
produción do terreo supón o levantamento de paredes de ata tres
metros para unha plantación as veces de dúas liñas de cepas.
Hai números que demostran
que o tempo que se tarda en preparar o terreo para poñer en
explotación unha cepa neste lugar, equivale en terreo chan a
plantación de ata 1000 cepas.
A subzona de Amandi,
que é a que estamos vendo comprende as parroquias de Anllo,
Amandi, Barantes, Bolmente, Doade, Lobios, Pinol, San Martiño de
Anllo en Santiorxo; todas elas dentro de Sober. Tamén
comprende a Parroquia de Marcelle que está no Concello de
Monforte.
Observar na fotografía de S.
Lorenzo estos sucalcos ou muras e algún medio
mecánico para subir as uvas.
A orientación predomina o sur.
Tamén favorece a escasa pluviosidade, a acción termoreguladora
dos ríos, a exposición solar óptima así como o terreo coa
disposición en escaleira que favorece a drenaxe dun chan
granítico-pizarroso e ácido.
O viño de Amandi deu sona o
Concello de Sober cando se enviaba en ánforas de barro a Roma. Seica este feito está documentado.
Monumento o
Carreteiro, o que carga cós cestos de uvas polos
empinados terreos moitas veces cun 60º-70º de pendente. Unha
pasada. As uvas son subidas ata os
inchadoiros, lugar onde se depositan as uvas nunhos
recipientes chamados arcas para logo
levalas a bodega. A fot. é de Secundino Lorenzo e está
sacada camiño do miradoiro de Soutochao.
As ladeiras da marxe dereita do Sil, que estamos a recorrer,
resultan especialmente aptas para o cultivo do viñedo por
estar orientadas ao mediodía e recibir o suave clima da
Ribeira Sacra con toda a forza do sol. Na época dos romanos
o Viño de Amandi era descrito nas crónicas como o "ouro
líquido do Sil". Durante os séculos de esplendor dos
mosteiros da Ribeira Sacra, a dedicación dos monxes á
elaboración diste viño levouno a ser unha das bases da
economía medieval de Galicia e protagonista de excepción do
intenso tráfico fluvial que navegaba istas espectaculares
ribeiras do Sil.
Na fotografía de Secundino L. vese a zona
de Amandi e como se están a facer e rotular fincas doutros
xeitos, onde o terreo ó permite.
En frente vemos a esquerda o canón do
Mao, a baixada dos tubos da minicentral do Mao, tamen un anaco
desta minicentral abaixo no río Sil , os pobos de Val e San
Lourenzo e na cima o pobo de Forcas.
Nese canón do Mao temos pendente facer a
ruta de Barxacoba. Sensacional.
A central Hidráulica de Regueiro vese perfectamente dende
o mirador de Amandi. Fotografía S. Lorenzo.
Mirador de Cadeiras. Dende este mirador
vese na parte dereita os "Balcóns de Madrid". Impresiona moito a
altura da montaña que se ve e que tapa o pobo de Parada do Sil,
o pobo dos "Barquilleiros" que teñen que ver coa
historia e o nome dos "Balcóns de
Madrid", como vimos na nosa III-Andaina.
Aquí tendes o Santuario de Cadeiras de
estilo barroco e que ten a importancia de estar situada nun
lugar moi bon para facer festas campestres e así se fan sobre
todo o día 8 de setembro na explanada do santuario. Os
pendellos que se ven na fotografía moi longos e con forma de L
de máis de 200 metros chamáronme a atención. Unha gran festa
debe celebrarse neste lugar...
Dende os balcóns de Madrid vese
perfectamente este santuario.
Comentarios ó Tramo IV da andaina:
Con doble linea, rectángulo negros, están marcados os
lugares a visitar.
Claustro do conxunto monacal das Bernardas de
Ferreira de Pantón Fotografía Secundino L.
Convento das "Bernardas". Mosteiro
Cisterciense.
Está a 1 km. do pobo de Ferreira de
Pantón e na estrada antiga.
As
monxas Bernardas son do Cister, vestidas de marrón para a
laboura e de blanco para acudir sete veces o día á ora. Aquelo
de "ora e labora". Son entre 12 a 14 monxas coa súa abadesa
ó
frente. Viven, no dibuxo ó fondo, a esquerda onde se ven as
chemineas.
A primeira noticia
escrita é do ano 924, logo no 1175 a súa patrona, unha filla do
Conde Traba fai donación o Cister. Seica rematou a tradición
chamandoa Santa Fronila de Lemos. O caso é que os condes
soltaron moita pasta para facer este recinto e nótase. Sobre
todo ata o século XVIII, con ampliación, ver a parte dereita
reservado as señoras da alta nobleza e o seu servicio, as
mandadeiras. A chamada "casas das donas".
O que podemos ver, ben pouco, é o claustro, que é
renacentista, por detrás dun cristal e a igrexa que é rica
por fora e menos rica por dentro. Era o que mandaba o Cister na
regla de Bernardo Claraval.
Nos
"canecillos" haberá que buscar dous músicos e una danzante,
soldadeira, coas faldas o aire. Dentro hai sepulcros de D. Diego
de Lemos e seguramente o seu fillo. O tono distinto da pedra
débese o tono calizo da pedra do Incio.
Nota: importante saber que no "labora" das monxas están os
almendrados, cocadas, pasta de te e tartas; telo en conta xa que
algo hai que mercarlles, non sexa o demo...
Dibuxo do Mosteiro do Divino Salvador de Pantón, do libro citado.
Ollo co horario as 18 pechan, xa sabedes...as
vísperas...
Igrexa de Eiré, dende a praza do pobo. Ese día
caían chuzos no pobo, chovía a "Deus dar". Fotografía Secundino L.
Igrexa de San Miguel de Eiré
Declarada en 1964 Monumento Nacional,
dende logo é distinta a outras igrexas. É do século XII.
A torre é única, por certo hai que ser artista e xogarse o
tipo para subir a misma.
Outra
cousa que a distingue é a porta Norte, cargada de simboloxía e
moi traballada, dunha forma sutil, única.
Como mostra da
calidade do libro, xa citado, así como o detalle,
poño a descrición da porta norte que se fai no mismo, podedes
ver tamén a fotografía e seguir o texto:
"..La puerta norte está formada por dos arquivoltas
decoradas que se apoyan sobre sendas columnas con capiteles
tallados con motivos vegetales y una cabeza de figura humana
invertida.
La dovela central del
arco tiene un Agnus Dei, el tímpano decorado con círculos
componiendo cruces está apoyado sobre dos mochetas con los
símbolos de los evangelistas Lucas y Marcos (toro y león),
a la derecha con sus iniciales LU y MA, grabadas; a la
izquierda, más dificil de ver, están Juan y Mateo (águila y
hombre alado), formando un violento escorzo con las alas en las
que vemos una cabeza invertida y una mano...".
En dous lugares da igrexa pon PS FECIT,
"Pedro fíxoo" que se supón é o nome do mestre que fixo esta xoia...Hai
outras teoría que falan de outro nome...
Dentro, hai que vela, está bastante expoliada pero poden
verse pinturas dun Cristo coa Virxen e San Xoán. Fora nos
canecillos do ábside hai algúns rotos a propósito, como o da
parella copulando, a maioría son motivos vexetais.
Dibuxo do libro citado (que puxen o revés para
que me coincida coa fotografía)
A chave tena un veciño, o da casa con patio que
está a dereita...
Unha auténtica xoia esta igrexa de San Miguel de
Eiré. A fotografía é de Álvaro García.
Porta norte da igrexa de San Miguel de
Eiré. Fotografía de Secundino L. para ver o detalle do descrito
arriba.
Moita xeometría nesta porta, unha
auténtica xoia o meu entender... Hai que vela.
As follas que rematan en caras son única e dunha delicadeza
fora do común... Fotografía S. Lorenzo
Neste caso na dereita son animais, por
certo por riba pon LU (Lucas) e MA (Marcos) e as follas
rematan en pequenas flores, Fotografía S. Lorenzo.
Nota sobre as
fotografías que aparecen neste traballo:
A maioría están sacadas de domingo a
martes de Entroido 10, 11 e 12 de febreiro cando eu fixen un
estudio da andaina.
Outras, moi poucas o día da excursión o
16/03/2013, día nas que eu fixen moi poucas fotografías xa
que neste grupo levamos tres fenómenos as veces máis no tema
Álvaro, Leticia e Quique.
Remato dando as gracias a todos.
Esta foi unha das poucas que fixen pero mereceu a pena.
Fervenza dos Chancís. 16/03/2013
Para rematar non estaría mal ver este
marabilloso video sobre a "Ribeira Sacra", así tamén vedes o que
fata por ver que é moito e a marabilla que temos en Galicia: